Máis de 20 concertos, o ciclo de conversas “Charlas en chanclas”, sinaturas de libros ou actividades naúticas e gastronómicas completan o cartel desta cuarta edición
Mañá mércores arranca en Baiona Barbeira Season Fest, un dos últimos festivais do verán galego que rematará o domingo e que convertirá á localidade turística nun fervedoiro cultural.
O festival arranca cun concerto sorpresa de “Pablo Novoa & friends” dende un dos balcóns do “Hotel Season-Zentolo”
Dende un dos balcóns do céntrico Hotel Bayona, reconvertido para o festival no “Hotel pop-up Season-Zentolo”, dará comezo esta cuarta edición cunha presentación, que terá lugar ás 19:00h., e un concerto do músico Pablo Novoa xunto a amigas e amigos que a organización mantén en segredo. O concerto poderá gozarse dende a rúa e é de balde.
Catro días de intensa actividade
O festival continúa o xoves no recinto principal, o céntrico parque de A Palma, con diversas actividades entre as que destacan os concertos de Anabel Lee, Bala, León Benavente e Carolina Durante, no escenario Vibra Mahou.
O venres, ás 12:00h., inauguraráse o ciclo “Charlas en chanclas”, na Casa da Navegación, cunha conversa sobre música e literatura, conducida pola xornalista María Díaz e que conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cos escritores Pedro Feijóo, Ledicia Costas e Diego Giráldez e o músico Jorge Martí, vocalista de La Habitación Roja, que a continuación presentará o seu libro Canción de amor definitiva. La vida, como un disco, tiene dos caras, e estará acompañado da actriz Arantxa Treus. Ás 16:00h., o xornalista Javier Becerra impartirá a charla “A música non é o importante”. Ás 17:00h., péchase o ciclo coa conversa arredor de como se retroalimentan as marcas e os festivais con Isaac González, director de marketing de Rei Zentolo, Hugo Pérez, brand manager de Mahou en Galicia e Víktor Flores, exresponsable de marketing cultural de Red Bull. Conduce a charla a xornalista Rocío Carreiro.
Os concertos do venres terán dous escenarios distintos no propio recinto: o escenario Xacobeo ao que se subirán dende as 18:00h. os grupos emerxentes nacionais Morreo, Diamante Negro e Emilia, Pardo y Bazán. E o escenario Vibra Mahou no que estarán, a partir das 20:30h., La Habitación Roja e Depedro.
Ese mesmo día, ás 20:00h., no stand da Librería Atlántica, Abraham Boba, vocalista de León Benavente, asina o seu libro Esto no es una canción.
O sábado, os concertos arrancarán xa ao mediodía en A Palma. Dende as 14:00h, no escenario Xacobeo, terán lugar os concertos de Cora Yako, Miniño, Eterna Juventud e Estrella fugaz.
Ás 19:00h, no stand da Librería Atlántica, Eme DJ asina o seu libro Cómo ser DJ. El manual. E a partir das 20:00h, ao escenario Vibra Mahou subirase Maika Makovski, Tú peleas como unha vaca e, a continuación, Zahara.
O domingo pecharáse esta cuarta edición coa “Romaría Punk Zentolo” protagonizada por grupos galegos como Captain Trashno, Sr. Jingles, Astrogirl, Cheap Lipstick, Habitación Vudú, Tarde a todo e Triángulo de Amor Bizarro. Ademais, na Praza do Concello, celebraránse os 4 anos da revista viguesa “A Movida”, cunha variada programación de actividades.
Durante todo o festival haberá Dj´s que non permitirán que o ambiente decaia e, unha vez rematados os concertos, a festa continúa nos locais da noite baionesa. Ademais, tamén hai programadas actividades náuticas e gastronómicas, como as “Catas no Camiño”, das que se pode atopar información na web do festival, igual que toda a programación e os horarios
Venda de entradas
As entradas pódense comprar na súa web tanto por día como o abono para gozar da “experiencia Barbeira” na súa totalidade. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán comprar as entradas ao Barbeira Season Fest cun 15% de desconto.
O Barbeira Season Fest conta co patrocinio da Xunta de Galicia, no marco do Xacobeo 21-22, e a colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Baiona e Vibra Mahou.




