spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Auditorio Mar de Vigo sede das segundas xornadas do Clúster de...

O Auditorio Mar de Vigo sede das segundas xornadas do Clúster de Turismo de Galicia

o-auditorio-mar-de-vigo-sede-das-segundas-xornadas-do-cluster-de-turismo-de-galicia

A xornada, que se desenvolve no Auditorio Mar de Vigo, comezará ás dez da mañá do xoves día 17 e vai dirixida a profesionais do sector turístico, hoteleiros, empresarios do turismo rural, turismo deportivo…,en xeral, a todos aqueles profesionais que queiran profundizar nunha materia clave como é a comercialización dos produtos e recursos turísticos.

Na presentación do evento participaron, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o deputado provincial de Turismo, Santos Héctor; e os representantes do Clúster, Diego Otero e César Ballesteros, na presentación das xornadas que, baixo a denominación “Obxectivo 5 millóns. Retos e oportunidades da comercialización e tecnoloxía do destino Galicia”, comezarán o próximo xoves no Auditorio Mar de Vigo.

Este encontro, que tal e como destacou Carmela Silva “espertou grande interese xa que se aumentou o número de inscritos até os 35o cando estaba previsto que fosen 300 os participantes”, permitiralles aos asistentes coñecer as novas estratexias de comercialización e os novos modelos tecnolóxicos para achegarse aos mercados de interese, entre outras cuestións que serán abordadas en diversas charlas e mesas redondas.

A presidenta da Deputación subliñou que a elección de Vigo para este evento se debía precisamente a que “as Rías Baixas, Vigo e as illas Cíes son os destinos máis  visitados de Galicia despois da catedral de Santiago”.

Silva incidiu na posición importante que ten a provincia de Pontevedra en materia turística pero recoñeceu que aínda son moitas as potencialidades por desenvolver. Así, destacou todo o vinculado co turismo verde, o enoturismo, o sendeirismo, o termalismo, o patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico da provincia, como os eixos das potencialidades que deben explorarse para ofrecerlles “aos nosos visitantes unha oferta variada e moi completa de actividades para coñecer todos os recunchos da provincia”.

Precisamente, a Deputación de Pontevedra traballa nun plan integral de turismo para toda a provincia que permita fixar os obxectivos a medio e longo prazo e coordinar os recursos existentes.

A xornada, que se desenvolve no Auditorio Mar de Vigo, comezará ás dez da mañá do xoves día 17 e vai dirixida a profesionais do sector turístico, hoteleiros, empresarios do turismo rural, turismo deportivo…,en xeral, a todos aqueles profesionais que queiran profundizar nunha materia clave como é a comercialización dos produtos e recursos turísticos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.