spot_img
InicioBaixo MiñoO Auditorio do Rosal acollerá o espectáculo 'A galiña azul'

O Auditorio do Rosal acollerá o espectáculo ‘A galiña azul’

Auditorio do Rosal

O próximo día 15 de maio o Auditorio Municipal do Rosal acollerá o espectáculo ‘A galiña azul’, unha adaptación teatral do libro de Carlos Casares do mesmo nome, realizada por Ubú Teatro.

Destinada a público de entre 6 a 10 anos, está previsto que asistan todos os escolares de primaria dos concellos de Oia e O Rosal.

O espectáculo forma parte de FalaRedes 2017, un programa de dinamización lingüística promovido dende a Xunta en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

A galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.
o-auditorio-do-rosal-acollera-o-espectaculo-a-galina-azul

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades.

A obra consta de cinco relatos que se van entrelazando para transmitir mensaxes como a defensa da lingua, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión e para logralo empréganse diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.

Será un boa oportunidade de achegarse a unha obra emblemática de Carlos Casares, autor ao que este ano a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras. Nesta actividade do FalaRedes, producida pola editorial Galaxia, están presentes valores tan importantes como a diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. A compañía responsable da adaptación, inegrada polos actores Ana Carreira e Manu Polo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.