spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoO Auditorio de Cangas programa unha vintena de actividades ata xuño

O Auditorio de Cangas programa unha vintena de actividades ata xuño

auditorio de cangasA nova concelleira de Cultura, Aurora Pazos, xunto  co director del Auditorio, Juan José Pérez, presentaron no Auditorio a nova programación cultural para esta primavera, na que o teatro, danza, música e tamén a ÓPERA, serán os protagonistas nun momento no que hai que aplicar estritas medidas de seguridade para facer fronte COVID19 e ao adianto horario para poder gozar as actividades antes do toque de queda. 

Aurora Prieto estreouse como responsable da área de Cultura de Cangas “contenta por estar aquí afrontando un novo reto e coa tristeza de ter que facelo polo falecemento de Xosé Manuel Pazos”, ao que quixo render unha sentida homenaxe pola súa traxectoria persoal e política. neste mismo senso, Prieto augurou que en breve o auditorio pasará a levar o nome do que foi o último Alcalde. De momento, o tema está en mans das asociacións culturais do municipio que serán quen se encargue da tramitación e posterior proposta oficial ao Concello.

O Auditorio de Cangas programa unha vintena de actividades ata xuño
La Quintana Teatro

O mes de abril arrinca hoxe ás 19:30 horas coa proxección da película Rol&Rol no Cinema Club Cangas. O sábado, “El Premio”, da compañía teatral Quintana Teatro. Unha obra na que, segundo adiantou o director do auditorio, será o público quen decida o seu final. Para a semana seguinte, novamente o venres e o sábado cinema, o primeiro con As Rapazadas e o segundo con Falling. O 9 de abril tocaralle a quenda a un novo filme. O 10 de abril ás 20:00 horas Luís Zahera traerá o seu espectáculo Chungo e o venres 16 Baobab Teatro presentará “Ás para Alex”dirixida ao público infantil. O sábado 17 Quico Cadaval mostrará “Os Inocentes”. Á semana seguinte, a 23 sesión de cinema ás 19:30 horas e o sábado PT Excéntricas con Medida x Medida. Xa o xoves 29 de abril Fran Sieira Compañía de Danza presentará Demente para conmemorar o Día Internacional da Danza.

O Auditorio de Cangas programa unha vintena de actividades ata xuño
Ningures Produción

O mes de maio gozaremos sen dúvida coa ópera “María Soliña” programada para o día 8. Este mes tamén actuarán no Auditorio as compañías Chévere, con “Curva España”,  Ningures, con “O Ogrocho” e Fulano, Mengano e Citano con “A louca historia de Galicia”. E o 5 de xuño, Teatro da Ramboia representará “O meu mundo non é deste reino”.

Entradas e aforo con todas as medidas de seguridade

“Estable e segura” así definiron tanto a concelleira de Cultura como o director do Auditorio, Juan José Pérez, a programación programada para esta primavera. Ocupación máxima do 30% do aforo e só en filas alternas, para deixar espazo suficiente entre os espectadores, que deberán asistir con máscara.

As entradas poñeranse á venda na web de ataquilla.com, os patrocinados polo Concello de Cangas e a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), a prezos “populares” 5 euros  e “de mercado” no caso de promotores privados. Poderanse adquirir un máximo de catro entradas por comprador, que deberá identificar a todas as persoas para que as autoridades sanitarias poidan localizalas “no caso improbable de que se detecte algún brote”.

“Xosé Manuel Pazos” o nome proposto para o Auditorio

O goberno local apoia a iniciativa que abanderan varios colectivos sociais, e principalmente a Mostra de Teatro, para que o nome do exalcalde e autor teatral vaia unido ao do Auditorio, que el tamén contribuíu a lograr desde a reivindicación na rúa e as institucións. Os responsables municipais están a axustar a demanda ao regulamento de honras e distincións para facelo efectivo.

- Publicidade -spot_img