spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO artista Antón Pulido foi o pregoeiro no Día de Galicia en...

O artista Antón Pulido foi o pregoeiro no Día de Galicia en Vigo

o-artista-anton-pulido-foi-o-pregoeiro-no-dia-de-galicia-en-vigoAntón Pulido, “algo ten esta terra, cando tanto poder e tantos séculos non impediron que a lingua galega corra de norte a sur, de ricos a pobres e de vellos a mozos”

Os xardíns do Pazo Quiñones de León foron o escenario elixido para celebrar o Día de Galicia, acto ao que acudiron perto de 500 persoas e que arrincou coa interpretación de varias pezas por parte do cuarteto da Orquestra Vigo 430,

Ao acto acudiu Abel Caballero acompañado do seu equipo de goberno, tamén asistiron os membros do Partido Popular e Marea, a presidenta da Deputación, Carmela Silva e unha ampla representación institucional e de todos os sectores da sociedade viguesa.

Pulido lembrou no seu discurso que, a pesar de non ser vigués de nacemento, esta é a cidade que escolleu para vivir, por iso é polo que séntese “honrado” de poder celebrar nela o Día de Galicia. “Esta Galicia, pétrea, campesiña, mariñeira, aberta, hospitalaria e solidaria, creativa, florida, bela, viva, moderna”,

O acto pechouno o himno galego, tamén interpretado polo cuarteto da Orquestra Vigo 430,

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.