spot_img
InicioGaliciaCompostelaO arquivo da Real Academia Galega amosa as postais da Exposición Rexional...

O arquivo da Real Academia Galega amosa as postais da Exposición Rexional Galega de 1909, o primeiro ano santo do século XX

O arquivo da Real Academia Galega amosa as postais da Exposición Rexional Galega de 1909, o primeiro ano santo do século XXA mostra foi inaugurada o 24 de xullo na Alameda de Santiago de Compostela e significou, xunto coa celebración do xacobeo, un impulso turístico para a cidade

Revista COUSAS DE nº14

A Exposición Rexional Galega do ano 1909, o primeiro ano santo do século XX, foi un dos primeiros intentos do mundo civil de utilizar a celebración relixiosa como promoción económica e turística da cidade de Santiago de Compostela. A mostra, inaugurada o 24 de xullo polo rei Afonso XIII e o presidente Antonio Maura, tivo lugar na Alameda e arredores e foi visitada por máis de 50.000 persoas, o dobre da poboación santiaguesa daquel tempo. O arquivo da Real Academia Galega conta cunha serie de postais, pertencentes á colección facticia de tarxetas da institución, que dan conta da relevancia deste acontecemento. As imaxes están dispoñibles no Arquivo Dixital de Galicia.

A Exposición Rexional Galega acolleu preto de 600 instalacións situadas en once pavillóns, onde foron expostas más de 10.000 pezas de arqueoloxía, obras de arte, historia ou da industria. A súa celebración e a do ano xubilar a un tempo repercutiron favorablemente na economía da cidade e preparárona para o que se convertería nun dos motores da cidade: o turismo.

O arquivo da Real Academia Galega amosa as postais da Exposición Rexional Galega de 1909, o primeiro ano santo do século XX

O ano santo celébrase cando o 25 de xullo, festividade de Santiago, patrón de Compostela, cadra en domingo, grazas a un privilexio concedido por primeira vez polo papa Calisto II no ano 1122. Novecentos anos despois, este 25 de xullo, malia cadrar en luns, tamén será xubilar pola ampliación autorizada polo papa Francisco debido ás circunstancias especiais da pandemia de covid-19.

As imaxes do xacobeo de 1909 que conserva o arquivo da RAG son parte da súa colección facticia de postais, que agrupa todas aquelas de diversas procedencias que non están integradas en ningún fondo documental. A colección abrangue imaxes desde os primeiros anos do século XX até o día de hoxe, nos dous formatos normalizados máis comúns da tarxeta postal (9 x 14 e 10,5 x 15 cm.) e realizadas con técnicas fotomecánicas e fotográficas diversas. A gran maioría das tarxetas recollen imaxes localizadas en Galicia, aínda que existen curiosas excepcións como algúns cartafoles con estampas de Vietnam, da URSS, dos Estados Unidos, Cuba, Uruguai ou Puerto Rico.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.