O alumno do CPI de Cova Terreña de Baiona , Carlos López Padrón, de 4ºESO, é o gañador de toda Galicia do II Concurso Literario sobre protección de datos organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) na categoría 3º-4º ESO.
O traballo foi presentado a través da súa profesora Dona Isabel Martínez Cabaleiro, profesora de Informática e directora do centro. Nesta segunda participación, o CPI de Cova Terreña voltou a gañar o primeiro premio e, nesta ocasión, tamén o premio ao centro con maior participación.
As entidades organizadoras realizarán unha entrega de premios que terá lugar no noso centro, a cal non ten unha data fixada todavía, estando pendentes de fixala nos próximos días.
O traballo gañador do alumno: CarlosLopez_ProteccionDatos