O Conservatorio Superior de Música de Vigo celebra este xoves 21 de novembro ás 20 horas o concerto conmemorativo de Santa Icía, patroa dos músicos
O vindeiro xoves 21 de Novembro ás 20 horas no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo celebrarase o concerto de Santa Icía. Será protagonizado por alumnado Erasmus do conservatorio e contará tamén coa participación de profesores e alumnos do propio centro.
Os asistentes poderán escoitar un programa variado e ecléctico, facendo un percorrido por diferentes estilos e linguaxes no que os espectadores poderán gozar da música de Puccini, Beethoven, Turina, Debussy Piazzolla e Ratti.




