spot_img
InicioVigo e áreaVigoO alcalde de Vigo convida a coñecer o “Romancero Gitano” de Lorca...

O alcalde de Vigo convida a coñecer o “Romancero Gitano” de Lorca dedicado á cidade

Abel Caballero entregou este martes un facsímile do “Romancero Gitano” de Federico García Lorca a Eduardo Pérez Valverde, ex presidente do Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo.

Revista Cousas De Nº19

 

O libro orixinal foi cedido ao Concello en 2022 logo de ser atopado na biblioteca do CRAC por Iago Lago, estudante vigués na Universidade de Salamanca, cando estaba realizando unhas prácticas nese espazo.

Trátase da segunda edición da obra, publicada en 1929, e ten unha dedicatoria do poeta aos alumnos de literatura do instituto de Vigo onde Lorca estivo no ano 1933. A peza orixinal restaurada por Carmen Poyán quedará exposta na Biblioteca da EMAO, onde poderá ser visitada e será conservada, logo da cesión do CRAC de Coruxo que agora recibiu un facsímile para a súa biblioteca. As copias realizounas a empresa Desoños, cuxo responsable Carlos Álvarez, estivo presente no acto.

“É unha peza extraordinaria” sinalou o rexedor, apuntando a “importancia” do Romancero Gitano na historia da poesía española, o feito de que o autor fose fusilado polo fascismo na Guerra Civil Española pouco despois da publicación, e, sobre todo, destacou que o libro estea “dedicado á xente de Vigo” logo da súa estadía na cidade no ano 1933.

Para Caballero, o Romancero Gitano de Lorca asinado e dedicado a Vigo ten “tanta importancia que quedará permanentemente exposto na biblioteca da EMAO, edificio de Pacewicz. “Recomendo á cidade que se achegue a ver a peza e a gozar da biblioteca”, indicou o alcalde.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.