spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO alcalde de Nigrán entrega nos colexios do concello os premios do...

O alcalde de Nigrán entrega nos colexios do concello os premios do I certame de cartas do Apalpador

o-alcalde-de-nigran-entrega-nos-colexios-do-concello-os-premios-do-i-certame-de-cartas-do-apalpador

Os gañadores foron Carlota Pichel (CEIP da Cruz), Nerea Jorge (CEIP Mallón), Jesús da Silva (CPI Panxón) e Manuela González (Carlos Casares). O xurado destacou a dificultade da elección

O alcalde de Nigrán, Juan González, entregou hoxe xunto a técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Estela S.Recouso, os premios do primeiro certame de cartas do Apalpador promovido dende o Concello. En total, participaron 230 escolares de Infantil e Primaria de tódolos colexios de Nigrán, resultando gañadores Carlota Pichel Cid (categoría Infantil, CEIP da Cruz, Camos), Nerea Jorge Cabrera (categoría 1º e 2º de Primaria, CEIP Mallón), Jesús da Silva (categoría 3º e 4º de Primaria, CPI Panxón) e Manuela González (5º e 6º de Primaria, Carlos Casares). O premio consistiu nun lote de material escolar. Ademáis, tal e como prometera o Apalpador nas bases do certame, tódolos participantes recibiron un agasallo que consistiu nunha caixiña de lápices de cores cunha carta de resposta na que lles agradecía a colaboración ao concurso.

Os 230 participantes recibiron como agasallo un unha caixa de lápices de cores cunhas verbas do Apalpador agradecendo a colaboración

O Concello de Nigrán, a través do recén creado Servizo de Normalización Lingüística, recuperou este Nadal por vez primeira a figura mitolóxica do “Apalpador” mediante un certame de cartas dirixido aos escolares de Infantil e Primaria do municipio. Este consistía en propoñerlle ao Apalpador palabras en galego relacionadas cos Festas, polo que se distribuiron buzóns nos centros educativos, o Concello e a Biblioteca Municipal. O obxectivo final é a promoción da cultura galega e o noso idioma.

O “Apalpador” é unha figura lendaria do interior de Galicia, trátase dun home de pelo vermello que durante todo o ano traballa de carboeiro e que, durante o Nadal, cando chega a noitiña, vai polas casas apalpando as barriguiñas dos nenos para ver se comeron ben durante todo o ano. Aos que teñen o bandullo cheo, por seren bos comedores entregalles un agasallo. Nesta ocasión, o Apalpador advertía de que tamén ía apalpar a cabeza dos nenos de Nigrán para saber cantas palabras coñecen en galego relacionadas co Nadal, porque tiña a impresión de que eran moi poucas. Agora o Apalpador xa puido comprobar coas cartas recibidas e os debuxos explicativos a gran cantidade de verbas que dominan os nenos de Nigrán.

“A través da Deputación de Pontevedra, no Concello de Nigrán dispomos por vez primeira na súa historia dun Servizo de Normalización Lingüística co que, con esta e outras iniciativas que levaremos a cabo, pretendemos chegar a toda a veciñanza, neste caso implicando aos máis cativos, que son os máximos garantes do noso patrimonio oral”, sinala o alcalde, Juan González.

 

 

- Publicidade -spot_img