Inicio Val Miñor Nigrán O Alcalde de Nigrán e a súa homóloga de Castanheira de Pera...

O Alcalde de Nigrán e a súa homóloga de Castanheira de Pera propoñen un irmandamento oficial entre os dous municipios unidos pola traxedia dos incendios de 2017

O Alcalde de Nigrán e a súa homóloga de Castanheira de Pera propoñen un irmandamento oficial entre os dous municipios unidos pola traxedia dos incendios de 2017Ao acto do II aniversario dos  incendios en Chandebrito asistíu tamén o viceconsul de Portugal e o presidente do Centro Portugués en Vigo

O Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños ‘O Castro’ celebraron esta mañá no Pavillón do Colexio Estudio o ‘II Aniversario dos Incendios’ do 15 de outubro de 2017 en Camos e Chandebrito.  Ao mesmo acudíu unha comitiva de Portugal encabezada por Manuel Correia, vicenconsul de Portugal en Vigo, e Alda Correia, presidenta da Cámara Municipal de Castiñeira de Pera, municipio portugués no que faleceron en xuño de 2017 un total de 64 persoas calcinadas nos seus vehículos mentras trataban de fuxir pola estrada N236 que comunica con Figueiró dos Vinhos. Xunto a eles estivo tamén Bernardino Crego, responsable do Centro Portugués en Vigo.

Durante o acto, o alcalde de Nigrán, Juan González, e a súa homóloga portuguesa anunciaron a intención mutua de iniciar de inmediato os trámites para realizar un irmandamento oficial entre ambas localidades unidas pola traxedia dos lumes. En Nigrán, as parroquias de Chandebrito e Camos viviron o 15 de outubro un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que supuxeron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas arrasadas; mentres que o incendio do 17 de xuño de 2017 en Portugal está considerado como pior da súa historia recente ao causar  66 mortos, máis de 250 feridos e 46.000 hectáreas calcinadas entre Pedrógão Grande, Castanheira de Pera, Figueiró dos Vinhos, Alvaiázere e Ansião, na rexión central do país.

Escultores de ‘Arte no Queimado’ realizan dende o sábado na parroquia unha gran peza que pretenden ter rematada para o propio día 15

“As vida humanas son irreparables, esa dor e ese recordo de Maximina e Angelina sempre estarán aí, pero debemos destacar tamén que a raíz dos lumes do 15 de outubro entre todos fumos capaces de cambiar a metalidade e forma de entender a xestión do monte e agora, a maiores, xorde esta oportunidade de irmandarnos con Castanheira de Pera e intercambiar con eles experiencias e coñecementos”, explicou Juan González, alcalde de Nigrán, municipio que non conta con ningún irmandamento, polo que sería o primeiro da súa historia. Pola súa banda, Alda Correia amosou a súa admiración pola gran cantidade de entidades implicadas na repoboación de Chandebrito. “Esta visita dame forzas e moitas ideas para traballar na procura dunha maior unión e implicación da sociedade civil na repoboación de Castanheira”, indicou Correia. “Galicia e Portugal sempre estiveron unidas de corazón, pero agora os nosos municipios teñen a oportunidade de coñecerse máis, gustaríanos que nos visitedes pronto e ser pobos irmáns”, concluíu.

O Alcalde de Nigrán e a súa homóloga de Castanheira de Pera propoñen un irmandamento oficial entre os dous municipios unidos pola traxedia dos incendios de 2017

Durante a xornada realizouse tamén un recoñecemento público das entidades colaboradoras na repoboación estes dous anos e  inauguráronse unha serie de paneis informativos ubicados en distintas zonas do monte comunal. Ademáis, os escultores do colectivo ‘Arte no Queimado’ Remigio Davila, Rosendo González e Juan Coruxo traballaron durante todo o día no recinto do Colexio Estudio nunha gran peza que agardan rematar o día 15 para trasladala posteriormente ao Bosque da Memoria; ao carón do castro. A escultura, de 3 metros de altura, representa dous pulmóns realizados con troncos calcinados e dos que brota unha árbore. “Queremos simbolizar o pulmón verde que se nos arrebatou pero cun aceno á esperanza, porque unha árbore está a medrar”, resume Juan Coruxo.

O acto continuou cun xantar popular con mexilonada ao auténtico estilo castrexo ou chourizos e castañas, paralelamente, actuou o grupo de acordeóns ‘Brisas de Bouzas’.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies