spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Abril Verde de Luís Pérez Canal, distinguido nos Premios Nacionais de...

O Abril Verde de Luís Pérez Canal, distinguido nos Premios Nacionais de Vela ao monotipo do ano

O Abril Verde de Luís Pérez Canal, distinguido nos Premios Nacionais de Vela ao monotipo do anoA tripulación do J70 ve recoñecido así o título de campión europeo Corinthian logrado en 2019 no campionato disputado por 130 embarcacións no Lago di Garda (Italia)

O J70 Abril Verde, patroneado polo ourensán Luís Pérez Canal, foi distinguido co Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao monotipo do ano pola súa consecución do título de campión de Europa Corinthian no Lago di Garda (Italia), nun campionato no que participaron 130 embarcacións.

Tras lograr o bronce no europeo de 2018, a tripulación do Abril Verde conseguiu o ano pasado mellorar resultados e subirse todo o máis alto do podio da categoría amateur, superando aos 36 rivais da súa división. Os do Real Club Náutico de Vigo fixéronse co título que perseguían conseguindo, ademais, quedar oitavos na xeral absoluta do campionato.

Os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda entregaranse a noite do sábado 5 de setembro nunha gala que se celebrará en Baiona baixo a organización do Monte Real Club de Yates

A tripulación estivo liderada polo ourensán Luís Pérez Canal, unha das figuras máis relevantes da vela en Galicia na actualidade. No seu currículo náutico destaca o ser campión galego de Optimist, subcampión de España de Laser e promotor dalgúns dos proxectos máis exitosos da vela autonómica galega, como o propio J70 Abril Verde (podio en 4 dos últimos 5 circuítos anuais de J70 en España, Campión de España Corinthian e Campión de Europa Corinthian) e o Aceites Abril, un cruceiro que asinou numerosas vitorias nas regatas máis importantes de Galicia, como o Trofeo Príncipe de Asturias, o Trofeo Conde de Gondomar, o Trofeo Repsol ou a Regata Rías Baixas, da que se acaba de proclamar recentemente vencedor.

Xunto a él, completaban a tripulación que se fixo co campionato de Europa Carlos Sanmartín, Eduardo Reguera, Juan de Cominges e Luís Darocha. O próximo 5 de setembro recollerán o Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao monotipo do ano nunha gala que se celebrará en Baiona baixo a organización do Monte Real Club de Yates.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.