Inicio Galicia O 112 habilita unha nova aplicación móbil que facilitará localizar a persoas...

O 112 habilita unha nova aplicación móbil que facilitará localizar a persoas que se atopan en situación de emerxencia

112-habilita-unha-nova-aplicacion-mobil-que-facilitara-localizar-a-persoas-que-se-atopan-en-situacion-de-emerxencia

O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia ten operativa desde hoxe unha nova aplicación que facilitará a localización de persoas que se atopen en situación de emerxencia.

A aplicación, denominada “Alpify”, é de fácil manexo e basta con premer o botón vermello de “emerxencia” para que envíe un aviso ao 112, que recibe a ubicación da persoa que pide o auxilio, xa sexa en zonas urbanas ou de montaña. No caso de perder a cobertura do móbil, a aplicación envíe unha mensaxe de texto ao 112 e ao mesmo tempo sitúa a emerxencia para o centro coordinador cun rango de erro de entre 3 e 10 metros.

Grazas á App, o CAE 112 poderá localizar con maior precisión a través de GPS cando unha persoa chame ao Centro de Atención ás Emerxencias, poderase localizar a persoas que fosen dadas por desaparecidas; enviar alertas adaptadas á localización onde se atopa a persoa; e ademais, con importantes vantaxes especialmente na procura de persoas maiores con senilidade e para reforzar a seguridade en zonas rurais.

A aplicación permitirá ao usuario conectar directamente co Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, desde onde localizarán a súa ubicación e o traxecto realizado nas últimas horas para poder prestarlle así a axuda que necesite.

O emprego desta ferramenta, baseada na tecnoloxía GPS, 4G/3G/GPRS y GSM, permitirá que, no caso de aviso por parte dunha persoa atrapada, accidentada ou perdida, os servizos de emerxencias poidan coñecer exactamente a súa situación ou o percorrido realizado ata chegar ao punto no que se atopa, o que permitirá reducir os tempos de resposta.

“Alpify” pódese descargar gratuitamente desde o propio smartphone en Iphone, Android e Blackberry ou a través da http://www.alpify.com/es/

O xerente da AXEGA, Juan José Muñoz, presentou hoxe esta aplicación de xeolocalización, nun acto no que tamén participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

A xestión das emerxencias é unha cuestión de capital importancia,polo que é preciso estar o mellor preparados posibles para cando se produza unha incidencia e para iso estase a traballar no día a día, reforzando os medios dos que se dispoñen e incidindo en todos os frontes, coma a rede de resposta cos parques de bombeiros, o mantemento dos GES, e os voluntarios de Protección Civil, con máis formación e dotándoos dos mellores materiais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies