Na provincia de Pontevedra, a compañía doou máis de 3.400 kg de produtos do mar. En Namibia, a través dos concellos de Walvis Bay e de Lüderitz, Nova Pescanova entregou 5.000 kg para as familias máis necesitadas. En Arxentina colaborou con preto de medio millón de pesos arxentinos en alimentos e artigos de hixiene para as familias que máis o necesitan.
O Grupo Nova Pescanova está a colaborar na loita contra o COVID-19 doando produtos para a elaboración de menús destinados aos sanitarios e ao persoal auxiliar que está a colaborar no hospital de campaña da feira de Madrid IFEMA.
En concreto, a multinacional alimentaria de produtos do mar uniuse con varias cadeas de restauración de referencia de Madrid, como Grupo Larrumba, Grupo Lalala e Grupo O Agocho, para conxuntamente loitar contra a pandemia achegando recursos para axudar ao persoal que está a traballar en IFEMA. Produtos de pescada, lagostino ou ensalada rusa mariñeira, entre outros, utilízanse para elaborar nas instalacións dos restaurantes colaboradores ao redor de 1.100 menús diarios para sanitarios e persoal de seguridade.
O obxectivo desta acción, que leva máis de tres semanas activa, é facilitar o día a día dos sanitarios evitando que teñan que adquirir alimentos ou cociñar e que así poidan ter máis tempo de descanso para que poidan seguir atendendo con toda a súa dedicación aos internos do hospital. Ademais da o hospital de IFEMA, a doazón de menús está a realizarse a familias necesitadas do barrio de Tetuán e ao Hospital Universitario HM de Sanchinarro, ambos en Madrid.
Na provincia de Pontevedra, Pescanova doou tamén máis de 3.400 kg de produtos do mar a diversas Ong. Os beneficiarios están a ser comedores sociais de Vigo (Nosa Señora da Esperanza), o Hogar San José, o Banco de Alimentos de Vigo e a asociación Vida Digna, entre outros.
Mais alá das diferentes iniciativas postas en marcha a nivel nacional, a compañía leva a cabo todo tipo de accións sociais nos diferentes mercados nos que opera. Desta maneira, Argenova, a filial de Nova Pescanova en Arxentina, doou preto de medio millón de pesos arxentinos en alimentos e artigos de hixiene para as familias que máis o necesitan. En Namibia, entregáronse en Walvis Bay 2.000 kg de produtos do mar ao concello para que os faga chegar ás familias máis desfavorecidas, e 3.000 kg na localidade de Lüderitz.
Doazón de material de protección sanitario
Nas últimas semanas, a compañía galega ha doado tamén, á Asociación Enfermeiras do Hospital Povisa de Vigo, material de protección sanitaria como batas desechables, batas de tea, chubasqueros, luvas de nitrilo e máscaras FFP1.
Tamén doou material de protección ao Equipo de Soporte de Atención Domiciliaria de Xetafe e ao de Leganés, así como aos traballadores de varias residencias de maiores da provincia de Toledo.



