Inicio Vigo e área Vigo Asime, UVigo e catro empresas galegas producen batas solidarias contra o coronavirus

Asime, UVigo e catro empresas galegas producen batas solidarias contra o coronavirus

Asime, UVigo e catro empresas galegas producen batas solidarias contra o coronavirusAsime e a Universidade de Vigo, xunto ás empresas Coasa, Ana Muñiz, Dalot e PinFactory produciron 1.000 batas nos últimos días para doar aos servizos sanitarios e administracións públicas e paliar a escaseza de material de protección fronte ao coronavirus.

Asime e a Universidade de Vigo presentaron unha nova iniciativa solidaria en colaboración con Coasa, Ana Muñiz S.L., Transportes Dalot e PinFactory.

Baixo a coordinación de Asime e a UVigo, as empresas Coasa en Ourense, Ana Muñiz en Dodro, Transportes Dalot en Mos e Confección Maime en Boqueixón reorganizaron a súa produción para producir e distribuír de forma altruísta e solidaria 1.000 batas para persoal sanitario e asistencial.

RECONVERSIÓN EMPRESARIAL E MATERIAIS ESPECÍFICOS PARA O SECTOR SANITARIO O corte da tea realizouse nas instalacións de Coasa en Ourense, mentres que a confección levouse a cabo no taller de Ana Muñiz S.L. en Dodro.

O patrón realizouno PinFactory, mentres que a encargada da distribución é Transportes Dalot.

As empresas reconverteron a súa actividade, normalmente orientada á aeronáutica, confección e transporte loxístico respectivamente, e dedicaron os seus recursos e persoal a esta iniciativa solidaria co fin de contribuír a paliar o impacto do coronavirus e previr os contagios.

As batas confeccionáronse nun material bicapa, para cumprir co requisito indispensable da impermeabilidad para o seu uso en persoal sanitario. A capa interna é de polipropileno (PP), un material non tecido transpirable, mentres que a capa externa é de polietileno laminado, permitindo a impermeabilidad.

A iniciativa foi coordinada e posta en marcha por Asime e a Universidade de Vigo, que uniron forzas desde o inicio da crise para impulsar iniciativas conxuntas co sector empresarial na loita contra o coronavirus.

IMPLICACIÓN DE ORGANIZACIÓNS E EMPRESAS

Desde a Universidade de Vigo, que participou no proxecto con persoal investigador do grupo Encomat, Cintecx e do Campus de Especialización Vigo Tecnolóxico, consideran que a universidade, lugar de xeración de coñecemento e sen ánimo de lucro, debe estar ao servizo da sociedade: “A natureza altruísta destas iniciativas puxeron de manifesto que, en situacións difíciles como as que se están vivindo, a colaboración directa Universidade-Empresa permite conxugar as capacidades produtivas do noso tecido empresarial cos coñecementos científico-tecnolóxicos da Universidade”, sinala María Consolo Pérez, Vicerreitora de Transferencia.

Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime, destacou: “Desde Asime seguimos impulsando con toda a nosa determinación iniciativas solidarias para achegar o noso gran de area á loita contra o coronavirus. Estas batas, totalmente solidarias e coas características necesarias para protexer aos sanitarios, son o resultado da excelente colaboración coa Universidade de Vigo e empresas galegas comprometidas que se comprometeron con esta causa desde o primeiro momento”.

Ricardo Escolano, Xerente de Coasa: “Para COASA é un orgullo poder achegar o noso granito de area a este proxecto solidario nun momento no que todos sentimos afectados cunha causa común que é a de todos nós, axudar aos sanitarios que están en primeira liña na loita contra o covid-19’”.

Ramón Alonso, Administrador de Transportes Dalot, declarou: “Afeitos a diario a facer entregas moi urxentes en toda Galicia, desde Dalot foinos sinxelo involucrarnos neste proxecto no que tanto a empresa como o persoal estamos encantados de poder colaborar”.

Jose Luís Fernández, Administrador de Ana Muñiz, manifestou: “A nosa empresa está dedica normalmente a unha produción moi distinta, pero fixemos un esforzo para cambiar a nosa actividade e producir este tipo de batas, xa que é un proxecto co que nos comprometemos desde o principio e que foi posible grazas especialmente ao noso persoal, ao que lles agradecemos enormemente a súa achega e dedicación neste proxecto co que estamos abertos a seguir colaborando.”

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies