·Publicidade ·spot_img
InicioGaliciaNo Día da Terra reclaman unha lei de residuos transformadora

No Día da Terra reclaman unha lei de residuos transformadora

Galicia contra o plástico! Greenpeace realizará unha recollida de plásticos para denunciar ás empresas que contaminan o medioambienteNo Día da Terra, Amigos da Terra pon o foco na necesidade de atallar a alarmante situación dos residuos en España.

A organización reclama unha Lei de Residuos que promova a prevención, a reutilización e a reciclaxe de alta calidade e consiga que España deixe de queimar e enterrar case o 7 0% dos seus residuos domésticos. Os residuos son os grandes esquecidos do medio ambiente, malia contaminar solos e auga, contribuír ao cambio climático e supoñer o desperdicio de recursos naturais finitos.

Hoxe Día da Terra, Amigos da Terra reclama ao Goberno unha Lei de Residuos e solos contaminados transformadora que responda á alarmante situación dos residuos no Estado. Á súa vez recalca que o problema dos residuos é un síntoma máis da urxencia eco-social na que estamos inmersos, polo que reclama medidas efectivas que poñan fin á xestión nefasta que se fixo dos mesmos ao longo de todos estes anos.

España está á cola da xestión de residuos en Europa, tanto en reciclaxe, como na separación en orixe dos residuos, o tratamento da materia orgánica, ou na promoción da reutilización e a reparación. É agora, coa nova Lei de Residuos e co Real Decreto de Envases, que o Goberno ten a oportunidade de dar un xiro radical a unhas políticas caducas que obstaculizan a transición ecolóxica.

O proxecto europeo ESTRAEE para xestión do 'lixo electrónico', exemplo de colaboración transfronteiriza a prol da da transición ecolóxica

 

O tratamento de vertido e incineración dos residuos municipais, cuxa xestión no Estado español alcanzou en 2019 a emisión de case 15 millóns de toneladas de CO2 equivalente, segue representando o destino principal de millóns de toneladas de residuos que se xeran cada ano, cun forte impacto sobre os ecosistemas, a saúde das persoas e a situación de urxencia climática (1). Ademais, este escenario sitúa a España nun claro incumprimento dos obxectivos marcados pola Unión Europea. Así, Amigos da Terra e outras 15 organizacións da sociedade civil demandamos a España ante a Comisión Europea por non alcanzar o 50% de reutilización e reciclado en 2020, un dos obxectivos fixados pola UE (2).

A lei de Residuos debe priorizar a prevención con medidas concretas encamiñadas a evitar que os recursos se convertan en residuos. Combater a obsolescencia programada, reducir de forma radical a cantidade e a toxicidade dos plásticos ou facilitar a reparación e reutilización dos produtos son algunhas das medidas transformadoras que están ausentes nos borradores da futura lei.

O novo marco debe tamén despregar todo o potencial da materia orgánica na protección dos chans e na loita contra o cambio climático. Para iso, débense fomentar sistemas de recollida máis eficientes como o porta a porta, e modelos de tratamento descentralizados, como a compostaxe doméstica e comunitaria.

sabes-pasa-cos-plasticos-usas-dia

Amigos da Terra sinala á súa vez que o cambio indispensable do actual modelo baseado no “usar e tirar” cara a unha verdadeira “economía circular” require responsabilizar ás empresas, que son quen inundan o mercado con produtos de vida útil moi curta e produtos que non se poden reutilizar ou reciclar. Desta forma, a lei debe establecer requisitos de ecodeseño e obrigar a estas a facerse cargo dos residuos que xeraron cos seus produtos.

Por exemplo, simplemente limpar cidades e pobos de envases dun só uso abandonados custa ás persoas contribuíntes entre 496 e 744 millóns de euros ao ano (3). Ata 529 millóns de euros están asociados aos envases de bebidas, que poderían reducirse ata un 80% coa implantación dun sistema de depósito.

María Durán, responsable de Recursos naturais e residuos en Amigos da Terra denuncia que “a industria, quen se beneficia do actual modelo lineal, leva anos presionando para evitar calquera modificación nos sistemas de xestión de residuos, tal e como están facendo agora para lograr unha normativa ao seu favor”.

Neste contexto, coa reforma da Lei de Residuos, o Goberno ten ante si unha decisión clave: seguir apuntalando un sistema con beneficios para uns poucos e graves prexuízos ambientais e sociais ou impulsar a construción dun modelo coa xente e a Terra no centro das decisións. É hora de avanzar cara a unha transición ecolóxica xusta e real.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies