·Publicidade ·spot_img
InicioCondado ParadantaChega a Salvaterra a exposición itinerante "Rio Minho-Memorias Transfronteirizas"

Chega a Salvaterra a exposición itinerante “Rio Minho-Memorias Transfronteirizas”

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén o distintivo "Q de Calidade Turística"A Casa do Conde, edificio histórico de Salvaterra de Miño, acollerá nos vindeiros días a exposición itinerante “Rio Minho-Memorias Transfronteirizas”, un proxecto froito da colaboración administrativa entre os municipios do baixo e alto Miño, España e Portugal

Esta iniciativa pretende por en valor o gran potencial turístico do territorio transfronteirizo así como destacar a gran riqueza natural, cultural e patrimonial da zona. O río Miño érguese, neste caso, coma un destino ecoturístico vertebrador da cultura e coma un recurso de referencia nacional internacional.

A Estratexia de Cooperación intelixente para o Río Miño Transfronteirizo – SMART MIÑO é un proxecto da Deputación de Pontevedra (beneficiario principal), a Comunidade Intermunicipal Alto Minho, a Fundación Centro de Estudos Eurorexionais e a A grupación Europea de Cooperación Transfronteiriza Rio Minho (AECT Rio Minho), cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A exposición _Rio Minho-Memorias Transfronteirizas_ está producida pola CIM Alto Minho, en colaboración cos socios AECT Rio Minho e Deputación de Pontevedra.

Esta exposición recorreu os seguintes concellos e cámaras fronteirizas:

-Tui 21/07 a 07/08  >  Anexo a Sala Municipal de Exposicións

– Melgaço 12/08 a 26/08  >  Casa da Cultura

– Tomiño   29/08 a 13/09  >  Mercado de Tomiño

– Caminha 18/09 a 05/10  > Museo Municipal de Caminha

– A Guarda  9/10 a 20/10  >   Hall da Casa dos Alonso

– Monção 15/12 a 10/01  > Biblioteca Municipal

Chega a Salvaterra a exposición itinerante "Rio Minho-Memorias Transfronteirizas"

 

Nesta exposición os visitantes poderán contemplar as marxes do río:

Con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos, reflectindo os valores ecolóxicos e patrimoniais do Miño e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais.

A exposición itinerante estará en Salvaterra de Miño dende o venres 23 de abril ata o domingo 2 de maio, no edificio histórico da Casa do Conde, dentro da Fortaleza, nos días venres 23 de abril, sábado 24 de abril, domingo 25 de abril e venres 30 de abril. No mes de maio estará aberta os días sábado 1 e domingo 2.

O horario de aperturá será, nos días sinalados, de 11h a 14h e de 17h a 19h. A entrada é de balde.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies