·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVal MiñorNigránNigrán únese á campaña para propor a Javier Pitillas como candidato ao...

Nigrán únese á campaña para propor a Javier Pitillas como candidato ao premio Princesa de Asturias da Concordia

Nigrán únese á campaña para propor a Javier Pitillas como candidato ao premio Princesa de Asturias da ConcordiaO Concello de Nigrán conta coa súa estreita colaboración para que persoas con discapacidade poidan gozar de paseos ou roteiros nos vehículos deportivos adaptados adquiridos polo consistorio

O Concello de Nigrán enviou unha carta oficial á Vicepresencia da Xunta co obxectivo de adherirse á campaña da Xunta para impulsar a candidatura de Francisco Javier Pitillas Torra, responsable da iniciativa Discamino, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 pola súa labor solidaria que posibilita que persoas con diferentes tipos de discapacidade poidan realizar o Camiño de Santiago. O propio alcalde de Nigrán, Juan González, comunicou onte persoalmente a Pitillas esta iniciativa do Concello aproveitando a súa visita e a de David Gil, de ‘700 camisetas contra la leucemia,’ ao CEIP Humberto Juanes con motivo da semana da prensa escolar.

O sarxento vigués visitou o CEIP Humberto Juanes xunto a David Gil de ‘700 camisetas contra a leucemia’

O Concello de Nigrán ten a honra de contar desde hai anos coa colaboración de voluntarios de Discamino, e do propio Javier Pitillas, para que persoas con discapacidade poidan gozar de paseos ou roteiros nos vehículos deportivos adaptados adquiridos polo consistorio no 2017. Por esta razón, o goberno de Nigrán dá testemuña do beneficio desta iniciativa para os usuarios e tamén para a propia sociedade: a través do deporte adaptado aporta calidade de vida e retos ilusionantes ás persoas con diversidade, beneficia incriblemente a súa saúde física e mental e subliña a necesidade dunha accesibilidade universal.

A Xunta impulsa a candidatura ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 do responsable da iniciativa Discamino

“En definitiva, Discamino pedalea a prol da  empatía, da integración e da solidariedade para que todas as persoas poidan acadar as súas propias metas independentemente das súas capacidades. Por todo iso, desde o Concello de Nigrán unímonos á proposta da Xunta de Galicia de propor ao vigués Javier Pitillas  como candidato a recibir o Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 por traballar dunha forma admirable a favor dunha sociedade máis xusta, igualitaria, fraternal e solidaria”, finaliza a carta enviada á Xunta.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies