spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán transformase esta fin semana na capital da petanca a nivel nacioinal

Nigrán transformase esta fin semana na capital da petanca a nivel nacioinal

nigran-transformase-esta-fin-semana-na-capital-da-petanca-a-nivel-i-capital-da-petanca-a-nivel-nacionalO Concello de Nigrán volverá a ser esta fin de semana o epicentro da petanca a nivel nacional con dous torneos de dupletas disputándose á vez en Praia América: o ‘I Open Nacional Xuvenil de Petanca’ e o ‘II Open Internacional Conchi’.

Revista Cousas De Nº22

Ambas competicións, organizados polo Concello de Nigrán e o C.C.D. Bolos da Carrasca coa colaboración da Xunta e Deputación, reunirán a máis de 100 xogadores chegados de todo o país. Por unha banda, unha trintena de mozos e mozas de 6 a 17 anos desputarán o torneo xuvenil e, por outro, 80 mulleres de todas as idades xogarán o open ‘Conchi’, memorial en homenaxe a Conchi Nande Otero, veciña de Parada falecida e quen foi xogadora destacada do club Bolos da Carrasca.

“Esta cita é posible unha vez máis grazas ao C.C.D. Bolos da Carrasca da parroquia nigranesa de Parada, os grandes promotores da petanca en toda a comarca. Grazas ao seu tesón e esforzo, Nigrán volve a ser capital deste deporte, sendo unha gran oportunidade tamén para por en valor o noso municipio no exterior e dalo a coñecer, por iso consideramos Praia América como o mellor escenario”, destaca  o alcalde, Juan González, facendo referencia tamén ao Campeonato de España de Tripletas Sénior 1ª Masculino que tivo lugar no 2021. Por iso, novamente, o Concello de Nigrán habilitará o aparcadoiro da antiga escola de vela de Praia América con preto de 30 canchas de competición e adestramento. O venres será a presentación dos equipos e os sorteos e, durante todo o sábado e domingo, terán lugar sendas competicións. No lugar habilitarase unha cantina.

“Queremos que a mocidade da comarca poida comprobar de primeira man que a petanca non é un deporte exclusivo da terceira idade e motivalos para poder formar canteira no noso clube”, destaca Melucha Valverde, seleccionadora galega e integrante do C.C.D. Bolos da Carrasca, quen se mostra especialmente orgullosa de atraer a Nigrán a dous rapaces de 6 e 7 anos do Club Muleño e Club Santomera, ambos de Murcia. “Miralos xogar é un espectáculo”, asegura sobre este torneo xuvenil mixto e con idades tan dispares (dos 6 aos 17 anos). En concreto, recibirán a mocidade de Cantabria, Murcia, Castela e León, Aragón e Galicia, non sendo ninguén do Club Bolos da Carrasca. “Desgraciadamente non temos xogadores de categoría xuvenil e o que nos gustaría é, precisamente, captar interesados”, indica.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Ademáis da mocidade, as mulleres serán as protagonistas exclusivas do ‘II Open Internacional Conchi’ que, por segundo ano consecutivo, rende homenaxe a Conchi Nande Otero. Un total de 80 xogadoras de todas as idades e de 40 equipos de Galicia, Murcia, Cantabria, País Vasco e Valencia, competirán por premios en metálico desde 800 €. “É un dos poucos torneos que quedan exclusivamente femininos, e estamos moi orgullosos de organizalo baixo o nome de Conchi, a nosa querida xogadora”, engade Melucha.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.