A exposición “Sumando Sueños” do Centro Juan María – Asociación La Esperanza del Val Miñor poderá contemplarse ata o 30 de setembro na sala multiusos de Sabarís
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polo concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, e a concelleira de Política Social, Ana Iglesias Rodríguez, inauguraron a exposición “Sumando Sueños” do Centro Juan María – Asociación La Esperanza del Val Miñor, que poderá contemplarse ata o 30 de setembro na sala multiusos de Sabarís. Un acto no que estiveron presentes e participaron tamén os propios autores das obras, as persoas usuarias dos centros.
Trátase dunha exposición de fotografía sobre a historia do Centro Juan María–Asociación A Esperanza del Val Miñor e de pinturas e papiroflexia.
O horario para poder coñecer de primeira man esta interesante mostra é:
Luns, sábados e domingos: 12:00-14:00h/ 18:00-21:00h.
De martes a venres poderase visitar de 18:00-21:00h.
Centro Juan María
O Centro Juan María celebra 40 anos de traxectoria, marcada pola perseveranza, os retos, os éxitos e momentos memorables.
O 11 de xaneiro de 1984, Sor Rosario, Gloria Fernández, xunto con outras 14 persoas, fundaron a Asociación La Esperanza del Val Miñor, co propósito de crear un colexio para persoas con discapacidade.
Grazas á colaboración da Mancomunidade de Montes de Parada, que cedeu o “Monte dás Agullas”, empezouse a construír o Centro Educativo. En 1987 inauguráronse as primeiras aulas, e desde entón a entidade foi crecendo. Ampliáronse as aulas educativas e, cando os nenos e nenas creceron, creouse o Centro Ocupacional. Máis tarde abriuse o Centro de Día, e desde 2014, o Centro Especial de Emprego.
O corazón deste proxecto son as persoas usuarias e as súas familias, quen, con coraxe e determinación, demostraron ao longo dos anos como superar barreiras e alcanzar grandes metas.
Na actualidade 52 profesionais atenden o Centro Educativo e o de Adultos. Aos que hai que sumar outros 3 profesionais en Atención Temperá desde 2023 e 28 persoas contratadas no Centro Especial de Emprego.
Os perfís destes profesionais son: profesores/as; monitotres/as, fisioterapeutas; logopeda; psicomotricista; psicólogo/a; coidadores/as e técnica de medicación comunicativa. No centro educativo hai 33 alumnos/as e en adultos 74. En Formación Dual dáse cobertura a 10 persoas que pertencen a emprego.