spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán súmase ao reto para tratar de aumentar nun 10% a reciclaxe...

Nigrán súmase ao reto para tratar de aumentar nun 10% a reciclaxe de residuos

Nigrán súmase ao reto para tratar de aumentar nun 10% a reciclaxe de residuosÚnese á iniciativa de Ecoembes que se desenvolve do 1 de Abril ao 30 de Xuño co obxectivo de acadar este incremento respecto aos mesmos meses do ano pasado. De conseguilo, o premio serían 1.500 € para que o Concello os doe a unha causa social local

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Nigrán súmase á derradeira iniciativa de Ecoembes para aumentar a reciclaxe entre a veciñanza. A campaña, baixo o lema ‘Recicla e únete ao reto’, se desenvolve 1 de abril ao 30 de xuño e consiste en colaborar botando todos os envases lixeiros (latas, briks e plásticos) no contedor amarelo e,  entre todos, conseguir incrementar nun 10% a reciclaxe destes residuos respecto aos mesmos meses do ano pasado. De acadar este obxectivo, o Concello gañaría un premio de 1.500 euros para doar a unha causa social local. Co obxectivo de difundir o reto, estase a distribuír diverso material promocional por todo o municipio.

No contedor amarelo débense depositar tódolos envases de plástico (botellas, briks, envases de produtos de limpeza ou hixiene, bolsas, terrinas, bandexas de cortiza branca, envoltorios de plástico…), envases metálicos (latas de conservas, de bebidas, bandexas de aluminio, aerosois, tapóns metálicos e tapas…) e tódolos envases tipo briks. Para que a reciclaxe sexa máis efectiva deben baleirarse ben e empregar as bolsas dos comercios para levalas ao contedor. Nunca se debe depositar no contedor amarelo roupa, vidro, cartón, orgánicos ou outros obxectos que non sexan envases.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.