spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán súmase ao Día Internacional do Jazz convocando o Concurso de Carteis...

Nigrán súmase ao Día Internacional do Jazz convocando o Concurso de Carteis Quin Alborés

Jazz e música tradicional esta fin de semana en RedondelaO prazo para participar no certame, dotado con 500 euros e que representará a imaxe da edición 2022, permanecerá aberto do sábado 30 de abril ao domingo 29 de maio

O Concello de Nigrán súmase á celebración do Día Internacional do Jazz este sábado convocando un ano máis o xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés’, dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz 2022 na súa XVI edición.

Revista COUSAS DE Nº13

O prazo de presentación de propostas comeza o propio 30 de Abril (Día Internacional do Jazz) e remata o domingo 29 de maio de 2022. As bases  completas poden consultarse na web do Concello ou na propia Casa Consistorial. O certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.

-nigranjazz-celebra-o-decimo-aniversario-do-festival-recuperando-os-dous-dias-de-programacion
Edición do 2016

Como en cada edición, o concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas (individualmente) un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) e deben ser anónimos de acordo co previsto nas propias bases, poidendo enviarse as propostas por correo electrónico, por Rexistro ou Correos, seguindo as indicacións facilitadas na convocatoria.

“O Concello de Nigrán mantén unha vinculación estreita co mundo do jazz a través da súa programación cultural e estamos moi orgullosos, por iso queremos un ano máis conmemorando o Día Internacional do Jazz abrindo o prazo de participación deste concurso que une música e deseño baixo o paraugas deste xénero musical”, explica o alcalde, Juan González, quen incide nas virtudes desta música internacional “tamén como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e o reforzo da cooperación entre pobos”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.