spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán recupera o tradicional desfile do entroido

Nigrán recupera o tradicional desfile do entroido

Nigrán recupera o tradicional desfile do entroidoO Concello de Nigrán abre ata o 18 de febreiro (inclusive) o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 26 de febreiro ás 21:00 horas
O Concello recupera o tradicional desfile tras o entroido telemático do ano pasado e amplía a dotación económica ata os 4.150 euros repartidos en vinte premios (700, 600, 500, 400, 300, 250, e os seguintes 14 restantes clasificados con 100 euros) para que todas as agrupacións participantes se beneficien. A maiores, cada unha das comparsas pertencentes a asociacións culturais, deportivas, educativas e veciñais do municipio (ata un máximo de 5 por orde de Rexistro de Entrada) percibirán unha dotación extra de 300 euros como axuda. Por protocolo Covid, establécese como obrigatorio o uso de máscaras por parte de todos os participantes e organizadores.
As bases, penduradas na web municipal www.nigran.es, mantéñense coma nos anos anteriores, así, as agrupacións deben contar cun número de participantes superior aos 20 membros, dos cales un mínimo de dez terán que ser adultos. Para poder optar aos premios é requisito indispensable inscribirse previamente no Rexistro do Concello (de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, ata o 18 de febreiro) coa documentación pertinente (ficha de inscrición cuberta, fotocopia do CIF ou DNI, certificado de conta bancaria e xustificante de estar ao corrente tanto en Facenda coma na Seguridade Social).
Aquí o cartel coa programación, deseño da nigranesa Olalla Fernández co Kiko de Parada sempre como referencia do entroido de Nigrán (e capa azul como a súa rondalla
- Publicidade -spot_img