Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán recibe a máxima puntuación do GALP Ría de Vigo-A Guarda polo...

Nigrán recibe a máxima puntuación do GALP Ría de Vigo-A Guarda polo seu proxecto para a recuperación do litoral en Praia América e Panxón

Galicia acada este ano oito bandeiras azuis máis que en 2014 e continúa á cabeza de España, con 131 distincións para as súas praiasO proxecto consiste na mellora da accesibilidade e mellora ambiental en Praia América, coa instalación dun observatorio de aves na zona de protección ambiental da desembocadura do río Muíños, adaptación da pasarela de madeira e da varanda existentes, e instalación de pasarelas de madeira para o acceso á praia

Complétase coa eliminación de plantas exóticas invasoras, a mellora de condicións dunha planta ameazada e a realización de actividades divulgativas e de sensibilización ambiental sobre o litoral.

Na fase da obra, como elemento integrador do proxecto, promoverase a reutilización e aproveitamento das estruturas existentes que se atopen en bo estado, de forma que os novos elementos sigan a mesma liña estética, e que non sexanecesaria a intervención nos cimentos da pasarela na duna. Igualmente os novos elementos a incorporar estarán realizados en materiais acordes coa contorna (madeira, corda), e empregaranse redes de pesca fora de uso para o peche da pasarela, tratando de vincular a actividade produtiva có espazo de lecer. Tanto as ferramentas como as técnicas empregadas procurarán o menor impacto no medio, xa que se trata dun espazo de protección natural.

 

Nigrán recibe a máxima puntuación do GALP Ría de Vigo polo seu proxecto para a recuperación do litoral en Praia América e Panxón
Foto cedida.Á dereita o Alcalde de Nigrán

“Se ben o proxecto corresponde a unha continuidade nas actuacións que se veñen realizando na zona nos anos anteriores, nesta ocasión consideramos innovadora a circunstancia específica de traballar na accesibilidade,  creando un observatorio accesible, varandas de seguridade e pasarelas flexibles de madeira para acceder os areais, todo elo enmarcado no proxecto “Un Nigrán para todos”, declara o alcalde de Nigrán, Juan González.

Descrición da obra de mellora da accesibilidade

1. Construción dun observatorio de aves formado por pilares e peche de madeira para a observación da fauna na zona de protección ambiental. Actualmente non existe ningún espazo similar, e moitas aves sofren de estrés coa presenza humana. Este elemento permitirá a calquera persoa achegarse ao coñecemento da fauna mariña e costeira a unha distancia prudente pero o suficientemente cerca como para poder identificar as diferentes especies sen molestalas. No elemento haberá ocos de observación a diferentes alturas, un banco corrido e pequeno mesado para o apoio de guías de identificación ou prismáticos.

Nigrán renova todo o cercado perimetral do espazo dunar Praia América-Panxón

 

2. Construción dunha varanda de seguridade na pasarela existente na duna de Praia. A pasarela existente ten uns postes nos que existen uns arames moi deteriorados en algúns tramos, e desaparecidos noutros. A actuación prevista, ademais da substitución dos elementos en mal estado, empregará medidas de seguridade, engadindo unha soga de corda sobre a que se amarra unha rede de pesca como peche.

Nigrán permitirá o acceso as súas praias e ao baño sempre que se cumpran cos requerimentos de seguridade

3. Construción dunha pasarela flexible de madeira para o acceso á praia en catro puntos da mesma. Na actualidade todos os accesos son de area, polo que as persoas con discapacidade física ou mobilidade reducida teñen problemas para achegarse. Moitas persoas no espectro da diversidade funcional teñen problemas para empregar esta pasarela, ademais de resultar insegura para calquera persoa (especialmente nenos/as ou persoas maiores) As pasarelas permiten o paso de cadeiras de rodas, carriños de nenos/as ou camiñar de forma segura a persoas con muletas, bastóns, etc.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies