Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán reabre en Panxón o Centro de Atención á persoas con alzhéimer...

Nigrán reabre en Panxón o Centro de Atención á persoas con alzhéimer adaptado ás actuais circunstancias sanitarias

Nigrán reabre en Panxón o Centro de Atención á persoas con alzhéimer adaptado ás actuais circunstancias sanitarias Os 12 usuarios non acudían a este servizo municipal presencialmente desde Marzo, polo que o Concello aumentou as sesións semanais de 2 a 3 e non pechará por vacacións durante o mes de agosto

O Concello de Nigrán reabríu esta semana o seu centro de Panxón para ofrecer presencialmente o seu servizo municipal de atención a persoas con alzhéimer ou outras demencias adaptándoo a todas as circunstancias sanitarias e reforzandoo para tratar de recuperar as patoloxías asociadas ao confinamento. Desde marzo a atención era telefónica ou diretamente nos domicilios. Así, o centro, ubicado no recinto do CEE de Panxón, aumenta de dúas a tres as súas sesións semanais (martes, mércores e venres) e non pechará en agosto por vacacións, como ven sendo habitual.

Así, as instalacións tiveron que ser acondicionadas para poder retomar a actividade grupal, xa que ademais se trata de persoas de alto risco ao superar todos os 70 anos. Deste xeito, separáronse as mesas mediante metacrilatos gardando as distancias de seguridade e na entrada ubicouse un dispensador de xel hidroalcólico, paralelamente, os terapeutas lles toman e anotan a temperatura a súa chegada, ademais de empregar máscaras ata estar ubicados nos seus postos (os traballadores a levan en todo momento).

O Concello de Nigrán iniciou este programa xestionado por Afaga no ano 2016, sendo un referente público na atención das persoas con demencias, xa que se trata dun servizo 100% municipal. O Centro foi dotado polo Concello con novas tecnoloxías e equipamentos tecnolóxicos para o seu uso terapéutico, como unha sala snoezelen ou sala de estimulación e software Gradior de rehabilitación neuropsicolóxica na que o Concello investiu 17.155 €.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies