Inicio Val Miñor Gondomar Garufa Blue Devil Big Band actuará en Gondomar da mán do Musigal...

Garufa Blue Devil Big Band actuará en Gondomar da mán do Musigal 2020

Garufa Blue Devil Big Band actuará en Gondomar da mán do Musigal 2020Musigal, o programa cultural da Deputación de Pontevedra, continúa espallando esta semana a música galega e en galego por toda a xeografía da provincia de Pontevedra con catro novos concertos.

A rúa Montero Ríos da vila do Morrazo acolleu onte a actuación de “Sés”. Xa o sábado, día 18, en Gondomar, terá lugar o concerto de “Garufa Blue Devil Band” ás 22 horas nas pistas deportivas do CDL. O mesmo día, o grupo “De Vacas” ás 22 horas actuará na praza do Concello de  Meaño, e  “Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre” estarán en Poio ás 21.30 horas no Parque Ankar.

“Musigal 2020” ten como obxecto contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego, así como fomentar a defensa da igualdade e favorecer a programación artística nos concellos da provincia.  Xunto a isto, esta iniciativa pretende dinamizar a lingua galega, favorecer a vivencia positiva e posta en valor do noso idioma, contribuír ao incremento do seu emprego, así como estender a socialización en galego da infancia e a toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia.

A Deputación ten pechados ata agora máis de 40 concertos, doce deles neste mes de xullo. Amais do celebrado xa en Tomiño e dos catro desta semana en Bueu, Gondomar, Meaño e Poio, haberá concertos de “Musigal 2020” en Sanxenxo, O Grove, Moraña, Covelo, Silleda, Lalín e Rodeiro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies