spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán quere ser o primeiro municipio de Galicia cardioprotexido

Nigrán quere ser o primeiro municipio de Galicia cardioprotexido

O Concello de Nigrán da un paso máis de cara a ser o municipio máis cardioprotexidos de Galicia e un dos pioneiros de España ao instalar desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) en tódolos colexios públicos da localidade.

Estos aparatos se suman aos catro adquiridos recentemente para a Policía Local e a Casa Consistorial, outros tres para os espazos deportivos municipais (Pabillón, Condomínguez e campo de Vilariño) e ao aluguer de tres para os postos de socorrismo das praias no verán. En total, un investimento de preto de 25.000 € que poden significar a diferencia entre salvar unha vida ou a posibilidade de reducir a gravidade das lesións. “Aínda que a medida non é obrigatoria, a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non. Queremos que Nigrán sexa un territorio cardioprotexido preparado para salvar vidas ante paradas cardiorrespiratorias”, suliña o alcalde, Juan González.

Á compra de tódolos DESA complétase coa realización dun curso específico para o seu manexo que este sábado pasado xa realizou o persoal da Escola Infantil A Galiña Azul e ao longo do vindeiro mes o realizarán no resto dos centros, CEIP Carlos Casares (Vilariño), Cruz (Camos), Mallón, Humberto Juanes (Nigrán), EI As Dunas. Compre sinalar que menos dun 5% dos colexios de toda España contan con DESA, sendo só obrigatorio na comunidade de Madrid, polo que Nigrán se sitúa na vangarda poñendo en práctica tódalas recomendacións sanitarias ao respecto.

O obxectivo do goberno de Nigrán é que, en caso de parada cardiaca, o persoal dos centros poda actuar incluso antes de que cheguen as urxencias sanitarias e garantir a vida da persoa e, se é necesario, restablecer o ritmo cardíaco a través dunha descarga eléctrica.

Precisamente baixo esta mesma premisa, a Policía Local de Nigrán é dende o ano pasado unha das primeiras de Galicia en contar con estes aparatos e pioneira na comarca. “A Policía Local está na rúa as 24 horas e moitas veces é a primeira en chegar aos lugares onde se rexistra algún incidente”, indica González.

O  DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón  fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concurridos, como é o caso das praias, ou onde se practica deporte.  Unha actuación rápida, ademáis de salvar vidas, reduce o risco de lesión cerebral ou problemas de hemiplexia, déficit de memoria, de fala ou de mobilidade de maneira temporal ou incluso irreversible. De feito, cada minuto que pasa tras unha parada cardíaca pérdese o 10% de posibilidades de sobrevivir se nadie axuda.           

- Publicidade -spot_img