spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán pon en valor a excepcional Fraga dos Muíños de Rodas

Nigrán pon en valor a excepcional Fraga dos Muíños de Rodas

Nigrán pon en valor a excepcional Fraga dos Muíños de RodasTrátase dunha pequena extensión de bosque autóctono salvada dos lumes de 2017 e de gran valor medioambiental e etnográfico ao concentrar tres muíños dos séculos XVIII e XIX

Revista COUSAS DE nº14

Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito veñen de revelar á cidadanía a ‘Fraga dos muíños de Rodas’, o patrimonio ata agora máis descoñecido da parroquia. Así, grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra de 10.381 € este bosque de gran interese medioambiental e etnográfico ubicado no límite coa parroquia viguesa de Fragoselo e que sobrevivíu sen danos aos lumes de 2017 está xa sinalizado desde a estrada xeral e liberado das especies invasoras que o precedían. Esta excepcional fraga ven así a sumarse aos demais bens patrimoniais ou de interese xa recoñecidos na parroquia.

“Ubícase nunha zona de Chandebrito moi descoñecida ata agora para a maioría da xente e conforma un conxunto patrimonial e natural de gran beleza que se une desde agora a elementos de interese xa coñecidos como o Castro, os petroglifos ou o Bosque da Memoria”, incide o alcalde, Juan González. “Realizamos esta petición concreta de colaboración ao Concello para por en valor esta zona co obxectivo de preservala nas mellores condicións”, subliña pola súa banda Víctor Vidal, presidente da asociación veciñal e de montes.

A fraga acolle os coñecidos como muíños de Rodas (o máis antigo  do s. XVIII e os outros dous do s. XIX) denominados a súa vez como ‘Darriba’, ‘Domedio e ‘Dabaixo’ ao localizarse así ao longo do curso do río da ‘Regha’, perfectamente integrados, o que consegue crear unha simbiose máxica entre patrimonio medioambiental e etnográfico.

Esta primeira intervención a cargo de Árbore consistíu en facer unha roza manual e eliminación de invasoras en toda a contorna, especialmente nas zonas de acceso aos muíños, ademais, sinalizouse este roteiro desde a propia estrada e instaláronse paneis informativos de aceiro cortén (por ser un material máis resistente) accesibles en braille e con códigos QR.

“Integrarase na rede municipal de roteiros e será, sen dúbida, un dos reclamos máis populares da parroquia de Chandebrito porque a sensación que transmite é a de estar nun lugar excepcional, que pervive milagrosamente no tempo”, incide González.

Esta mesma subvención provincial para rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural foi outorgada anteriormente ao Concello para a musealización do Castro de Chandebrito.

- Publicidade -spot_img