spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán pecha o dispositivo especial de San Xoan sen incidencia algunha nos...

Nigrán pecha o dispositivo especial de San Xoan sen incidencia algunha nos areais

Nigrán pecha o dispositivo especial de San Xoan sen incidencia algunha nos areaisO Concello de Nigrán procedeu a primeira hora desta mañá a desprecintar os areais do municipio para permitir o paso de persoas despois de que estivesen pechados desde as 21:00 horas para previr calqueira concentración de San Xoan 

O desaloxo non foi preciso ante o aviso por megafonía de que se pecharía ás 21;00 horas e a entrada de intensa néboa

Durante toda a noite, un dispositivo composto por 30 axentes da Garda Civil, 22 da Policía Local, 23 voluntarios de Protección Civil, unha patrulla do Servizo Marítimo e outra do Seprona controlaron que non se producía ningunha celebración nos areais e non se rexistrou ningún tipo de incidentes, destacando que ante a prohibición xa anunciada hai semanas de realizar fogueiras xa non se presentou xente.

As dúas únicas actuacións da Policía Local e Guardia Civil foron para clausurar a convocatoria dunha festa privada a primeira hora da noite nunha casa particular.

O Concello de Nigrán lanzou a mediados de mes a campaña #VemonosNoSanXoan2021 para concienciar á cidadanía da imposibilidade de acudir a festexalo á praia de Panxón, polo que xa non se desprazou xente con este propósito pero, por precaución e responsabilidade, estableceuse este dispositivo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.