Inicio O Condado As Neves As Neves contará cunha nova Escola Infantil cara o inicio do novo...

As Neves contará cunha nova Escola Infantil cara o inicio do novo curso

As Neves contará cunha nova Escola Infantil cara o inicio do novo cursoNa rehabilitación das novas instalacións invirtíronse preto de 350.000 euros, que poñeranse en funcionamento co inicio en setembro do novo curso

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou hoxe a acta de recepción das obras de reforma da escola infantil das Neves. Neste acto administrativo que marca o fin das actuacións acompañouno o alcalde da localidade, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

O investimento total nas actuacións foi de 300.000 euros, dos que a Xunta, a través do Consorcio, desembolsará 225.000 euros (cunha achega do 80% procedente de Fondos Feder da Unión Europea); mentres que a cantidade restante, 75.000 euros, asumiuna o Concello das Neves.

Perfecto Rodríguez destacou durante a firma que estas actuacións permitirán que o vindeiro curso 2020-21 as nenas e nenos deste concello poderán desfrutar dunhas instalacións adaptadas ás súas necesidades. Ademais sinalou que se está procedendo nestes días ao equipamento da escola, asumido o seu custe pola consellería de Política Social e que supuxo un investimento de 47.000 euros.

A escola trasladouse do antigo emprazamento, no edificio do centro de saúde, á antiga vivenda do conserxe no entorno do colexio, que se rehabilitou integralmente. Ten unha superficie de 161m2 que se reparte entre diferentes espazos como un vestíbulo con zona para deixar os carriños, unha ampla sala de usos múltiples, aulas, espazos para o aseo, cociña ou almacén.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies