spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán participa un ano máis no 'Proxecto Móllate polos Ríos' de Adega,...

Nigrán participa un ano máis no ‘Proxecto Móllate polos Ríos’ de Adega, cunha limpeza na desembocadura do río Muiños

vintena-voluntarios-recolle-preto-dunha-tonelada-lixo-esteiro-Foz-rio-MiñorO Concello de Nigrán súmase por cuarto ano consecutivo este domingo ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega. Será o domingo día 30 e nesta ocasión se centrará na desembocadura do río Muíños, en Praia América (nas anteriores ocasións foi no Esteiro de A Foz).

Trátase da ‘XI Limpeza Simultánea’ e terá lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa educativa que busca a concienciación social. Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través do mail comunicacion@nigran.org (indicando o nome e teléfono de contacto) ou na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (986 365000) e presentarse o domingo 30 ás 17:30 na Oficina de Turismo de Panxón. O Concello facilitará camisetas conmemorativas á xornada, bolsas, luvas e pinchos para recoller o lixo máis comodamente,  recomendándose levar botas de auga. A xornada alongarase durante hora e media  aproximadamente finalizando cunha pequena merenda.

Os voluntarios que desexen participar nesta xornada de concienciación deben inscribirse previamente e presentarse o domingo ás 17:30 horas na Oficina de Turismo de Panxón

O Concello de Nigrán participa nesta xornada dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor dunha vintena de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

O Concello facilitará todo o material preciso, recomendándose levar botas de auga. A limpeza extenderase durante hora e media aproveitando a marea baixa

“Nos último tres anos a realizamos na Foz, onde retiramos moitísimo lixo, e nesta ocasión nos trasladamos á desembocadura do río Muíños, un espazo tamén de gran riqueza natural que debemos preservar ao máximo entre institucións e veciñanza. Este é un día de sensibilización e concienciación medioambiental no que se pon de manifesta a necesidade da correcta xestión dos residuos ao tempo que amosamos que as pequenas accións valen moito”, suliña o alcalde, Juan González.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

- Publicidade -spot_img