spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán ofrece un curso gratuito de conductor de carretas elevadoras

Nigrán ofrece un curso gratuito de conductor de carretas elevadoras

Nigrán-ofrece-curso-gratuito-conductor-carretas-elevadorasO Concello de Nigrán ten prevista a realización dun Curso de conductor de carretas elevadoras de 20 horas de duración, dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio que queiran obter esta titulación como complemento e reforzo do seu CV á hora de mellorar as súas espectativas laborais na busca de emprego.

A formación teórica impartirase nas instalacións municipais do Centro Antena, na Rúa Otero Pedrayo, nº 52, (Nigrán), o día 2 de marzo, das 09.00 ás 14.00 horas, mentres que as clases prácticas desenvolveranse na no Polígono Industrial de A Pasaxe, nº 54, (Vincios – Gondomar), do 3 ao 5 de marzo, tamén das 09.00 ás 14.00 horas, poñendo a disposición das persoas interesadas un total de 20 prazas.

O prazo de inscrición neste curso gratuito estará aberto do 9 ao 20 de febreiro, no horario habitual de rexistro, presentando copia do CV, do DNI, da tarxeta de demandante de emprego e cubrindo e asinando de xeito completo a instancia e a ficha que estará á súa disposición no Centro Antena, no Departamento de Emprego, e no Rexistro e na páxina web municipais.

Para ampliar esta información, pódese contactar co Centro Antena no teléfono 986–366572 e co Departamento de Emprego, no 986-365000 (extensión 1), ou formular consultas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org

- Publicidade -spot_img