spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar celebra o vindeiro sábado o Día Mundial dos Humidais cun percorrido...

Gondomar celebra o vindeiro sábado o Día Mundial dos Humidais cun percorrido polo bosque de ribeira e guiado por expertos

Gondomar-celebra-vindeiro-sábado-Día-Mundial-Humidais-percorrido-bosque-ribeira-guiado-expertosCon motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS, organizado por RAMSAR o 2 de febreiro, e para conmemorar esta efeméride, a Consellería de Medio Ambiente do Concello de Gondomar vai levar a cabo unha actividade divulgativa o vindeiro sábado 7 de febreiro de 2015 no río Miñor que constará dun percorrido polo bosque de ribeira e unha observación de aves, ambas as actividades guiadas por naturalistas expertos.

O percorrido polo rio Miñor servirá para descubrir e observar diferentes aspectos da súa fauna e flora. “Podemos atopar até 60 especies de aves, só neste espazo”.

“Este tipo de iniciativas son moi importantes para sumar puntos ná presentación de propostas para a inclusión no proxecto LIFE“, subliña un dos naturalistas encargados do traballo.

“O percorrido do próximo sábado será dunhas dúas horas aproximadamente e está aberto a todos os veciños de localidades próximas e non só aos de Gondomar”, dinnos.

Na súa intervención Miguel Fernández, outro dos naturalistas responsables desta iniciativa, quixo resaltar que este humidal está recoñecido como un dos mais importantes a nivel europeo e desde logo a nivel nacional, pois está incluído xa en Rede Natura.

Doutra banda continuou dicindo, que “este día o que pretende é lembrar que estes espazos ademais son importantes para a vida”.

Concurso Fotográfico. Na xornada do sábado está aberto un concurso fotográfico para todas aquelas persoas que o desexen, poden subir as súas fotos á páxina “Humedais de Gondomar”

PUNTO DE ENCONTRO E SAÍDA:

Concello de Gondomar

Sabado 7 de febreiro

Hora: 10,00h

RAMSAR:

A Convención de Ramsar é a convención sobre o medio ambiente máis antiga do mundo. Asinouse en 1971 en Ramsar (Irán) e reúne a 168 países coa misión conxunta de velar polo uso racional dos humidais. A Convención ten unha recoñecida traxectoria no traballo con países concretos, empresas do sector privado e organizacións non gobernamentais para protexer e restaurar os humidais con miras a conseguir a seguridade da auga a escala mundial.

O Día Mundial dos Humidais celébrase cada ano o 2 de febreiro, que é o aniversario da Convención de Ramsar. Desde 1997, a Secretaría de Ramsar facilita materiais cada ano para sensibilizar á opinión pública acerca da importancia e o valor dos humidais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.