spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán instala un columpio múltiple no parque de praia América

Nigrán instala un columpio múltiple no parque de praia América

https://www.cousasde.com/revista-cousas-de-no13/O CONCELLO DE NIGRÁN INVISTE 3.279 € NUN COLUMPIO MÚLTIPLE PARA O PARQUE DE PRAIA AMÉRICA

O Concello de Nigrán investíu 3.279 € na compra dun columpio múltiple para o parque de Praia América, onde xa está instalado. O aparato, cunha estrutura pentagonal, permite que cinco menores se balanceen simultáneamente e poidan interaccionar e socializar ao haber contacto visual entre todos. Ademais, as cinco cadeiras dispoñen de barras de protección para que os pequenos non saian cara adiante.

Revista COUSAS DE Nº13

Este investimento súmase a outros 10.160 € realizados no 2021 a través das baixas do Plan Concello 2018-2019 na ampliación de outros  elementos de xogo deste mesmo parque. En concreto, nesa ocasión fora un novo conxunto modular composto por torres con tellado, ponte, tobogán, rede e elementos para trepar, escaleira e un coumpio para nenos e outro para bebés.

“Trátase dun dos parques infantís con maior uso do municipio e requiría certa renovación e con aparellos máis novidosos”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca que nos últimos anos foron renovados todos os parques infantís da localidade e incluso se crearon outros (caso do Torreiro de Camos, Vilariño ou Grela en Nigrán). O rexedor avanza que seguirá apostando por “crear e mellorar novos espazos de esparexemento” para a infancia pero tamén para maiores cos parques biosaudables e para deportista con elementos axeitados para o adestramento ao aire libre como a cal

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.