Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán instala en Praia América catro espazos preferentes para persoas con mobilidade...

Nigrán instala en Praia América catro espazos preferentes para persoas con mobilidade reducida

Nigrán instala en Praia América catro espazos preferentes para persoas con mobilidade reducidaO Concello de Nigrán avanza na creación dun areal 100% inclusivo ao instalar en Praia América-Lourido catro espazos preferentes a modo de solarium para persoas con mobilidade reducida.

A actuación realizouse a través dunha subvención de 45.451 € do GALP (Grupo de Acción Local Costeira) que, a súa vez e entre outros aspectos, permitíu instalar catro novas ramplas de madeira de acceso ao areal que rematan con cadanseu solarium do mesmo material e aproximadamente 4×2 metros.

A actuación encádrase na subvención do GALP para mellorar a accesibilidade no areal, situándose estes solariums en cadanseu remate das catro novas ramplas de madeira

“As pasarelas permiten que persoas con cadeiras de rodas ou carriños de bebés podan acudir á praia sen problemas. Agora este espazo facilítalles a propia estancia na praia ao ser moi difícil para eles meterse na area”, explica o alcalde, Juan González, quen encadra a iniciativa no plan municipal de inclusión ‘Un Nigrán para todos’. “Se ben o traballo corresponde a unha continuidade nas actuacións que se veñen realizando desde hai anos no Concello, nesta ocasión e grazas ao GALP innovamos coa circunstancia específica de traballar na accesibilidade na contorna de Praia América ao ser o areal máis urbano da localidade, creando un miradoiro accesible, varandas de seguridade, pasarelas flexibles de madeira e estes solariums”, resume.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies