spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán instala 13 paneis "Metrominuto" por toda a zona urbana para promover...

Nigrán instala 13 paneis “Metrominuto” por toda a zona urbana para promover os desprazamentos a pé

Nigrán instala 13 paneis "Metrominuto" por toda a zona urbana para promover os desprazamentos a péTrátase dun mapa sinóptico que simula no deseño gráfico aos do metro e que mide distancias e tempos andando entre os puntos máis significativos de cada contorna urbana

O Concello de Nigrán ven de instalar 13 paneis ‘metrominuto’ por todas as zonas urbanas (Nigrán, A Ramallosa e Panxón) como novidosa ferramenta para incentivar os desprazamentos a pé fronte ao emprego do vehículo. Trátase de mapas sinópticos que miden distancias e tempos camiñando entre diferentes puntos significativos e que empregan no seu deseño os códigos visuais dos planos de metro (como aceno a un dos medios de transporte máis significativos das grandes urbes, suxerindo o ir a pé como outro medio igual de valioso).

O Concello de Nigrán obtivo os seus ‘metrominutos’ a través da rede Ágora da Deputación de Pontevedra, quedando o municipio integrado na rede ‘Ciudades que Caminan’ (asociación  internacional de diferentes administracións que busca que os peóns sexan os verdadeiros protagonistas do espazo público). Os tempos de desprazamento foron calculados a unha velocidade media de 5 km/hora, o que sitúa o núcleo de Panxón a 17 minutos do centro de Nigrán, o esteiro de A Foz a 6 minutos da Ramallosa ou o Templo Votivo a 8 minutos do espazo deportivo Dunas de Gaifar.

Nigrán instala 13 paneis "Metrominuto" por toda a zona urbana para promover os desprazamentos a pé

“O obxectivo é ‘desdramatizar’ a cultura de camiñar evidenciando o pouco que compensa coller o coche para moitos desprazamentos, sendo ademais algo saudable física e mentalmente”, explica o alcalde, Juan González.  De feito, está demostrado que ao tratarse de distancias curtas e tempos breves, coa información que nos ofrece o Metrominuto nos  predispoñemos mellor a camiñar ata o noso destino, priorizando así o medio pedestre.

“Ao fin de todo será un activo máis do noso programa ‘Un Nigrán para todos’ porque se trata de animar a empregar o espazo público, sempre tivemos claro que os peóns teñen a máxima prioridade, e así desenvolvemos as nosas políticas ao respecto. Xa hai anos creamos rutas escolares seguras ao CEIP Humberto Juanes para que o alumnado fose camiñando e agora dirixímonos a toda a veciñanza para que comprenda que todo son vantaxes se ímos a pé a facer os recados, gañaremos en saúde e teremos un municipio máis amable para as persoas”, destaca González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.