spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán homenaxea a Carlos Casares cun concerto - literario na Ramallosa

Nigrán homenaxea a Carlos Casares cun concerto – literario na Ramallosa

Nigrán homenaxea a Carlos Casares cun concerto - literario na RamallosaA patir das 20:30 horas na Alameda de San Campio presentarase ‘Tocata e Fuga’ para Carlos Casares e, a continuación, estrearase o documental ‘Nigrán, proa ao futuro’, unha peza  que fala da riqueza patrimonial, cultural, económica e turística do municipio

Revista COUSAS DE nº14

O Concello de Nigrán celebra este domingo 10 de Xullo a partir das 20:30 horas no Parque da Alameda de A Ramallosa un doble evento cultural: o concerto-literario ‘Tocata e Fuga’ para Carlos Casares e a estrea do documental ‘Nigrán, proa ao futuro’ ás 21:30 horas, unha peza audiovisual que a través de diversos protagonistas da vila retrata a realidade do municipio.

“Quixemos xuntar ambos eventos porque, ao fin e ao cabo, ambos nos falan do pasado, presente e futuro de Nigrán, cremos que son unha mestura marabillosa para coñecer máis profundamente o noso municipio”, explica o alcalde, Juan González, quen invita á veciñanza a acudir.

 

O documental foi realizado pola produtora audiovisual Xurdir en colaboración co Concello, sendo un traballo similar ao desenvolvido noutras 27 localidades de Galicia nos últimos catro anos de percorrido continuo con esta novidosa idea audiovisual. O mesmo será presentado polo propio alcalde, Juan González, e o director, Ignacio Seijo.

Antes, no marco do 20 aniversario do cabodano de Carlos Casares e da man da Fundación Carlos Casares, o Concello ofrecerá o concerto ‘Tocata e Fuga’, composto ex-profeso para o escritor e veciño de Nigrán no 2017.  Trátase dunha actuación literario-musical na que se cantan e recitan unha serie de textos que xiran ao redor da figura e a obra de Casares. Son todos orixinais do escritor Xosé Carlos Caneiro e a música, de Emilio Rúa, e ambos os dous convocan e celebran a Carlos Casares e a súa obra mediante poemas, cancións, e narracións. Este espectáculo, dirixido a todos os públicos, desenvólvese en forma de velada literario musical, e foi escrito para homenaxear ao escritor durante o ano das Letras Galegas, a quen lle fora dedicado. O uso da lingua galega, a inclusión dunha serie de referencias explícitas e a coidada factura de letras e música, buscan apoiar o uso e a extensión do idioma: animar os neofalantes, consolidar os bilingües e recuperar aos que polo medio social ou pola distancia fórono perdendo. E sobre todo, hai un obxectivo máis, que é lembrar o escritor e veciño de Nigrán cando se cumpre o 20º cabodano da súa morte. O evento conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, no seu programa FalaRedes.

- Publicidade -spot_img