Responsables da Escola Superior de Vilanova de Cerveira visitan Nigrán para estudar a posibilidade de deseñar un carril-bici seguro pola costa.
O Concello iniciou en abril un convenio de colaboración co centro portugués, que ofrece o máster integrado de Arquitectura e Urbanismo e que deseña actualmente a ciclovía de Guimarães
O alcalde de Nigrán, Juan González, a tenente de Alcade e o edil de Urbanismo reuníronse hoxe con responsables da Escola Superior Gallaecia de Vilanova de Cerveira (Portugal). Así, ata Nigrán se desplazaon Rui Correia, vicepresidente do Consello de Dirección, e dúas dos profesores responsables do máster en Arquitectura e Urbanismo co fin de que desde o seu Centro de Investigación deseñen unha proposta de carril-bici pola costa. O encontro prodúcese despois de que Concello e centro educativo asinasen un convenio de colaboración o pasado mes de abril que incluiría tamén buscar posibles emprazamentos para a Biblioteca Municipal.
O posible carril no que traballarán irá polo carreiro azul, desde A Ramallosa ata Panxón, aínda que o Concello exporalles tamén que continúe ata Prado, un percorrido que hoxe estiveron a ver in-situ os portugueses. “Só pódese facer un carril-bici seguro partindo dun estudo técnico feito por especialistas e que priorice a convivencia entre ciclistas e peóns; xusto o que non pasaba con acéiraa-bici que fixo o anterior goberno”, explica González.
O proxecto será abordado por seis profesores do máster de Arquitectura e Urbanismo e dous bolseiros coa previsión de que estea listo en outubro. Precisamente, desde o Centro de Investigación traballan actualmente na ciclovía de Guimaraes, con 52 km de percorrido.
Actualmente, o Centro de Investigación portugués (que acolle a 7 alumnos galegos, 2 deles de Nigrán) traballa na rehabilitación dunha igrexa en Portugal, unha praza na zona vella de Tui ou o mercaro de Camiña, ademais da mencionada ciclovía de Guimaraes.




