spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán espera a máis de 400 nadadores na XII travesía a nado...

Nigrán espera a máis de 400 nadadores na XII travesía a nado Costa Serena

Nigrán espera a máis de 400 nadadores na XII travesía a nado Costa SerenaO Concello de Nigrán e o Club deportivo Tumetapersonal renderán unha homenaxe ao comunicador Pepe Costas, presentador da proba no últimas oito edicións

Revista COUSAS DE Nº13

A XII edición da travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a máis de 400 nadadores entre os cinco percorridos que se disputarán o domingo 3 de xullo, en Praia América., consolidándose como a proba de natación popular con maior participación de Galicia.

Nigrán reunirá a preto de 400 nadadores na IX travesía a nado Costa Serena

A travesía contará coa presenza de nadadores de máis de 50 clubs de natación de 9 comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Madrid, Valencia, Cataluña, Castela-A Mancha, Andalucía, Castela-León e País Vasco), Portugal, Inglaterra e Estados Unidos, con idades comprendidas entre os 5 e 71 anos. Nesta edición, a participación das mulleres representa máis do 30% do total.

Esta mañá, tivo lugar a presentación da proba no Club Marítimo de Panxón, e contou coa asistencia do alcalde de Nigrán, Juan González Pérez; o concelleiro de Deportes de Nigrán, José Luis Sanromán Román; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez Díaz; o concelleiro de Medio Ambiente de Nigrán, Alfonso Vázquez; o presidente do Club Marítimo de Panxón, Gabriel Gómez Celaya; Lucía Pernas, da empresa Atunlo, e Beatriz Alvariño, en representación do Club deportivo Tumetapersonal, organizador da proba. Tamén asistiu Alberto Rodríguez, familiar de Pepe Costas, falecido o pasado, e que presentou a proba en varias ocasións.

Pepe Costas

Na súa intervención, Beatriz Alvariño agradeceu o apoio do Concello de Nigrán, patrocinadores (Deputación de Pontevedra, Abanca, Gadis, Coca-Cola, Rodosa e Centro Comercial A Ramallosa), así como de todos os colaboradores, en especial o Club Marítimo de Panxón, onde se servirá un aperitivo a todos os participantes tras a finalización da travesía grazas ao patrocinio de Atunlo.

Alvariño destacou a homenaxe que a organización lle renderá ao comunicador baionés Pepe Costas, que foi o presentador da proba a nado durante o últimos oito anos coa concesión dunha distinción aos seus familiares no transcurso da entrega de premios. Ademais, resaltou o carácter familiar da travesía, e animou aos nenos de entre 5 e 13 anos a participar nos percorridos infantís de 50 e 150 metros. “Este ano, o cartel foi deseñado polo recoñecido ilustrador Evaristo Pereira co que queremos animar a nenos e maiores a participar na travesía”, apuntou.

O alcalde de Nigrán, Juan González, resaltou o esforzo da organización por continuar celebrando a travesía durante a pandemia, consolidándose como unha das probas de natación máis importantes de Galicia.

Pola súa banda, o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, incidiu na importancia da celebración deste tipo de eventos de turismo deportivo para a provincia de Pontevedra e a zona do Val Miñor con presenza de nadadores de distintos puntos de España e estranxeiros.

Tras dous anos de pandemia, nos que se tivo que realizar unha serie de cambios para garantir o cumprimento das medidas de seguridade, a travesía a nado Costa Serena volverá ao formato habitual previo á pandemia sen saídas graduadas e sen o uso obrigatorio da máscara.

As inscricións estarán abertas ata o martes 28 de xuño, a través da páxina web www.championchipnorte.com

- Publicidade -spot_img