Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán entregou os premios do 'I Cocurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras'

Nigrán entregou os premios do ‘I Cocurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras’

Nigrán entrega os premios do 'I Cocurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras'Nigrán entregou os premios do ‘I Cocurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras’

O Concello de Nigrán fixo entrega  dos premios do seu ‘I Concurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras’, nacido co obxectivo de concienciar ao veciño e ao visitante da flora que ameaza o ecosistema dunar de Praia América-Panxón e difundir entre a poboación o seu coñecemento co fin de preservar a biodiversidade local.

Á mesma acudíu María Gutiérrez Cedrón, gañadora cunha imaxe na que se pode ver a unha parella de gorrións posada en sendas herbas da pampa, e o terceiro clasificado, Álvaro Rodríguez Pérez.   A gañadora e o segundo clasificado, Fernando De la Peña (quen non puido asistir ao acto) recibiron un bono por un curso de surf semanal a cargo de Prado Surf, o terceiro, Álvaro Rodríguez, un cargador de móbiles solar.

O xurado valorou de Gutiérrez a calidade técnica e artística da imaxe, a capacidade para comunicar visualmente a existencia desa invasora e a orixinalidade e creatividade da mesma, xa que mestura fauna autóctona con flora foránea.

O Concello de Nigrán forma parte da Red de Gobiernos Locales por la Biodiversidad da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e, consecuentemente, encadra esta iniciativa de caracter educativo e divulgador na súa firme aposta pola conservación e protección do ecosistema dunar de Praia América-Panxón.

Para saber máis:

No último número da nosa revista, nas páxinas 12-13, falamos desta nova con máis detalle.

COUSAS DE Val Miñor nº 21

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies