·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVal MiñorNigránNigrán e Discamino ofrecen un paseo en bicicletas adaptadas aos maiores do...

Nigrán e Discamino ofrecen un paseo en bicicletas adaptadas aos maiores do Centro Municipal para Persoas con Enfermedades Neurodexenerativas

Nigrán e Discamino ofrecen un paseo en bicicletas adaptadas aos maiores do Centro Municipal para Persoas con Enfermedades NeurodexenerativasA ducia de usuarios foi acompañada en cadansúa bicicleta por familiares e alumnado do CEE de Panxón, que ao regreso lles serviron a todos unha merenda

Concello de Nigrán e Discamino volveron a aliarse para ofrecer, por vez primeira, un paseo en bicicleta adaptada aos maiores do centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas, en Panxón. A ducia de usuarios solicitaron participar nesta actividade e, ademais, foron acompañados en cadansúa bicicleta por familiares e alumnado do CEE de Panxón. O roteiro polo paseo marítimo rematou cunha táboa de estiramentos ao regreso ao centro e unha merendola servida polos rapaces.

“Esta imaxe é a esencia do que significa ‘Un Nigrán para todos’ e do que buscamos para o noso municipio”, sintetiza o alcalde, Juan González, quen aposta por estender o uso das cinco bicicletas adaptadas do Concello de Nigrán tamén ás persoas maiores, tal e como é habitual noutros países europeos polos múltiples beneficios que reporta e porque hai máis tradición de empregar este medio de transporte.

Concello e Discamino distribuíron os ciclos adaptados en función das capacidades físicas e mentais de cada quen, así, 6 deles contribuíron ao pedaleo xunto á persoa voluntaria e os outros cinco foron en ciclos que xa non ofrecen esta posibilidade  ao ser para grandes dependentes. “A totalidade dos usuarios quixeron participar porque é algo que lles outorga gran sensación de liberdade e de saúde física e mental, máxime tendo en conta o día espectacular que hai hoxe”, explica María Mayán, edil de Maiores.

Nigrán e Discamino ofrecen un paseo en bicicletas adaptadas aos maiores do Centro Municipal para Persoas con Enfermedades Neurodexenerativas

O Concello dispón dunha bicicleta adaptada con cadeira de rodas, outra igual pero con motor eléctrico, unha cadeira todoterreo mono-roda tipo Joëlette, dous triciclos tándem tipo co- pilot e unha bicicleta adaptada, as cinco con base no Pavillón Municipal de Panxón e empregadas con asiduidade por usuarios do CEE Juan María ou quen o solicite.

Princesa de Asturias

O Concello de Nigrán sumouse á campaña da Xunta para impulsar a candidatura de Francisco Javier Pitillas Torra, responsable da iniciativa Discamino, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 pola súa labor solidaria que posibilita que persoas con diferentes tipos de discapacidade poidan realizar o Camiño de Santiago.

O Concello de Nigrán ten a honra de contar desde hai anos coa colaboración de voluntarios de Discamino, e do propio Javier Pitillas, para que persoas con discapacidade poidan gozar de paseos ou roteiros nos vehículos deportivos adaptados adquiridos polo consistorio no 2017. Por esta razón, o goberno de Nigrán dá testemuña do beneficio desta iniciativa para os usuarios e tamén para a propia sociedade: a través do deporte adaptado aporta calidade de vida e retos ilusionantes ás persoas con diversidade, beneficia incriblemente a súa saúde física e mental e subliña a necesidade dunha accesibilidade universal.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies