spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán conectará cun autobús municipal todas as parroquias con Panxón, A Ramallosa...

Nigrán conectará cun autobús municipal todas as parroquias con Panxón, A Ramallosa e Nigrán

Nigrán conectará cun autobús municipal todas as parroquias con Panxón, A Ramallosa e NigránUnha liña Chandebrito-Panxón e viceversa permitirá ao cidadáns de calquera parroquia do interior achegarse en media hora aos centros de saúde ou conectar co autobús cara a Vigo, con especial atención á liña ao Hospital Álvaro Cunqueiro, Povisa e Universidade

Revista COUSAS DE nº14

 

O Concello de Nigrán dará resposta definitiva este outono á gran  demanda histórica da veciñanza do interior: por vez primeira no municipio, unha liña municipal de autobús comunicará todas as parroquias cos núcleos urbanos de Nigrán, A Ramallosa, Panxón e Porto do Molle. Este fito resulta posible tras manter o goberno local diferentes reunións coa Dirección Xeral de Mobilidade e acadar finalmente que sexa incluído como ‘Servizo de Interese Municipal’ (SIMU) dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, figura que estreará Nigrán en toda a provincia e practicamente en Galicia. Isto suporá que se faga cargo a actual concesionaria Lugove logo de asinar un convenio mediante o cal o Concello achegará un tope máximo de 80.000 € anuais á Xunta (será ratificado no pleno ordinario deste mércores 27 de Xullo e podería rebaixarse o cánon en función do número de usuarios). Esta fórmula permitirá, a súa vez, que os viaxeiros se beneficien da Tarxeta de Transporte Metropolitano, é dicir, serán gratis os transbordos e todo para menores de 21 anos ou haberá as mesmas bonificacións a estudantes, xubilados ou desempregados (sen estes descontos sería 1,35 €).

“O novo contrato para a concesión do transporte metropolitano non solventou en Nigrán a demanda histórica do rural pese a que así o reclamamos, por iso desde o goberno local traballamos a destallo para acadar este servizo”, incide Diego García, edil de Mobilidade responsable da xestión e quen  subiña a inminencia do servizo. “O convenio o ratificaremos o mércores no Pleno e a partir de aí é só agardar a que Lugove reciba o vehículo novo”, que será unha Mercedes Sprinter carrozada etiqueta ‘Eco’ de 22 prazas máis unha adaptada.

Tal e como demandou directamente o Concello, constará dunha liña Chandebrito-Panxón e viceversa que permitirá ao cidadáns de calquera parroquia do interior achegarse en media hora máximo aos centros de saúde ou conectarse co autobús cara a Vigo-Baiona, con especial atención ao horario de enlace coa liña ao Hospital Álvaro Cunqueiro, Povisa e Universidade (todas estas posibilidades a día de hoxe non existen, dependen de transporte privado ou taxi).

“O percorrido e os horarios están pensados para chegar á primeira hora aos dous centros de saúde do municipio (Xunqueira e Panxón), e ao mesmo tempo abrimos a posibilidade aos veciños das parroquias de Camos e Chandebrito de ir en autobús  á Universidade de Vigo/Hospital A.Cunqueiro/Povisa, ademais de levar á xente ao centro de Nigrán e de Ramallosa, coa posibilidade de enlazar cos autobuses Vigo/Baiona, por iso transformará radicalmente para ben a vida da nosa veciñanza do rural, que poderá ao fin servirse do transporte público colectivo para facer recados, xestións ou ocio como pode ser ir á praia no verán”, explica Diego García. O edil destaca que o convenio coa Xunta é flexible, puidendo “modificarse, ampliarse e adaptarse ás necesidades concretas que se detecten”.

O Concello plantexa 3 saídas diarias da liña Chandebrito/Panxón ás 7:45, 14:00 e 16:15 horas coas seguintes paradas: Chandebrito-San Roque de Camos-Touza-Con-Igrexa de Parada-Porto do Molle-Carrasca-Padres Franciscanos- Centro de Saúde Val Miñor-A Ramallosa-Mallón-Ureca-Nigrán Centro-Avenida Castelao-Ambulatorio de Panxón. A súa vez, a liña de regreso Panxón/Chandebrito plantéxase con saídas ás 10:30 horas, 15:15 e 20:40 horas facendo o mesmo percorrido pero á inversa. “Deseñouse de xeito que, por exemplo, unha persoa chegue a tempo ao centro de saúde a facer unha analítica ou consulta médica e poida regresar a continuación para casa”, explica García.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.