O Museo Centro Gaiás acolleu onte o acto de entrega das Medallas de Galicia 2022
A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.
Nesta edición, con motivo do Ano Santo extraordinario, recoñécese coa Medalla de Ouro a persoas e entidades vinculadas coa difusión do Camiño de Santiago.
Recibiron a distinción o arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; o profesor e estudoso da ruta xacobea Paolo Caucci von Saucken; a hospitaleira do albergue de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua; a Asociación Discamino e, a título póstumo, o primeiro comisario do Xacobeo en 1993, José Carro Otero.




