spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán celebra o éxito da campaña #SanXoanSenLixo2022 ao amencer praia América-Lourido libre...

Nigrán celebra o éxito da campaña #SanXoanSenLixo2022 ao amencer praia América-Lourido libre de desperdicios

Máis do 95% das 20 toneladas de lixo total foron depositadas polos participantes na festa nos contedores dispostos polo Concello nas entradas á praia

Revista COUSAS DE Nº13

O Concello de Nigrán celebra novamente o éxito da súa campaña municipal de concienciación ambiental #SanXoanSenLixo2022 ao amencer Praia América-Lourido libre de desperdicios, nunha imaxe practicamente idéntica ao 2019, derradeiro ano das fogueiras na praia e cando se estreou esta campaña.Así, das 20 toneladas aproximadas de lixo xerado polos miles de asistentes, máis dun 95% foi depositado polos usuarios nos correspondentes contedores a pé de praia, echéndose por completo e concentrándose moitas bolsas ao pé dos mesmos. Grazas a estar todo recollido previamente, os operarios municipais remataron o seu traballo de retirar o lixo en escasas dúas horas, estando a praia limpa por completo ás 9:00, igual que no 2019 (anteriormente o labor se extendía case ata mediodía).

Nigrán celebra o éxito da campaña #SanXoanSenLixo2022 ao amencer praia América-Lourido libre de desperdicios

“Cremos na concienciación e na educación da cidadanía máis que na prohibición e esta é a mellor proba, ata o ano 2019 ningún goberno local se molestara en desenvolver unha campaña ao respecto, e quedou demostrado que foi un gran acerto e que a mocidade responde, polo que a manteremos ano a ano”, recoñece o alcalde, Juan González, quen agradece a colaboración de Protección Civil difundindo a mensaxe durante a propia noite.

Os case 800 metros lineais de mallas que blindaban as dunas contaban con lonas informativas da campaña cun breve decálogo que o Concello ven repetindo en redes sociais e prensa desde inicios de Xuño: “Non deixes lixo. Recicla. Respecta a protección do sistema dunar. Evita facer buratos, teñen impacto negativo no ecosistema. Recorda que as cabichas tamén contaminan. Súmate a esta campaña medioambiental difundíndoa e concienciando aos teus”.

Paralelamente, tamén por segunda vez, o Concello de Nigrán instalou un ´Punto violeta’ no paseo marítimo de Panxón co obxectivo de informar, sensibilizar e previr calquera tipo de comportamento sexista que poideran sufrir as mulleres durante a celebración da festa.

“Consideramos un éxito rotundo que en Nigrán se consolidase a idea dun San Xoan máis sostible medioambientalmente e que non se repitan as imaxes previas a 2019”, resume o rexedor, Juan González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.