
O Concello de Nigrán celebra este venres o “I Foro sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional
O Concello de Nigrán ofrece este venres 11 de xaneiro dende as 18:00 horas no Auditorio Municipal o “I Foro sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional”, xornada que se enmarca no programa “Un Nigrán para todos”. Deste xeito, expertos en todos os campos da integración e da accesibilidade analizarán polo miudo , e entre outros aspectos, a aprobación polo Congreso e o Senado o pasado mes de decembro da modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) que garantizará o dereito de sufraxio das persoas con discapacidade (na práctica supón que máis de 100.000 persoas en toda España con discapacidade recuperan seu dereito ao voto
O foro está organizado polo Concello de Nigrán, ACEESCA, San Xerome Emiliani, Fundación Menela, OIRESP, Colexio Juan María e Fundación Tutelar Galega Sálvora. Nen participarán expertos en dereito, urbanismo, accesibilidade e persoas que poderán en maio de 2019 exercer por primeira vez na súa vida o dereito de sufraxio.
“Dende o Concello de Nigrán queremos divulgar esta modificación da Lei que permitirá a todas estas persoas participar na vida pública en pé de igualdade cos demáis votando por primeira vez nas próximas eleccións municipáis e europas. Esta xornada é un paso máis cara ese ‘Nigrán para todos’ que nos plantexamos como obxectivo de goberno dende que chegamos”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.




