·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán celebra as Letras galegas co concerto de 'Xardín Desordenado'

Nigrán celebra as Letras galegas co concerto de ‘Xardín Desordenado’

Nigrán celebra as Letras galegas co concerto de 'Xardín Desordenado'A banda reinterpreta a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que se adica as Letras Galegas este ano nesta nova data establecida pola Real Academia Galega

O Concello de Nigrán sumarase á conmemoración das Letras Galegas este sábado 31 de outubro (nova data designada pola Real Academia Galega ao coincidir o 17 de maio en confinamento) co concerto de Xardín Desordenado ás 20:00 no Auditorio Municipal. Esta programación especial en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero conta co apoio da Deputación de Pontevedra para actividades de dinamización da lingua galega. Como ven sendo habitual, o aforo estará limitado a 54 persoas para manter unha correcta distancia de seguridade.

A banda galega ‘Xardín Desordenado’, con máis dunha década musicando a poetas galegos, abordará no seu espectáculo gratuíto temas trascendentais para o autor homenaxeado, a súa relación co seu Ferrol natal, o seu compromiso social ou incluso a importancia que tiñan para él os seus encontros cos amigos.

Igualmente, o Concello reprogramará para mediados de novembro a obra de teatro de Galaxia que estaba prevista no IES Proval o 15 de outubro (cancelárase ao coincidir con alerta vermella) e, para rematar a programación cultural de novembro, ofrecerá o concerto do dúo de guitarras Pino&Pino o sábado 14 de novembro ás 20:00 no Auditorio Municipal.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies