spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán blinda as dunas de Praia América para evitar danos durante as...

Nigrán blinda as dunas de Praia América para evitar danos durante as celebracións das fogueras de San Xoán

nigran-blinda-as-dunas-praia-america-evitar-danos-as-celebracions-das-fogueras-san-xoanPor motivos de seguridade, como mínimo dúas horas antes da máxima marea alta comezará a desaloxarse a zona do areal dende Panxón ao río Muíños.

O Concello pide aos asistentes que non deixen o lixo no areal co fin de que non o leve o mar antes de que empece o operativo de limpeza, polo que se habilitarán contedores fronte as pistas de Gaifar

O Concello de Nigrán comezou hoxe a blindaxe das dunas de Panxón con 700 metros lineais de valo de dous metros de altura para evitar calquera dano, polo que os asistentes só contarán cunha zona de paso á praia (o resto elimínanse para incluílas dentro do cercado). Ademais, dotaranse dunha iluminación extra para que a vixilancia por parte do Seprona sexa o máis efectiva posible. “Non se pode arroxar pola borda o traballo realizado para a rexeneración dunar, temos que ser precavidos“, insiste Juan González.

Operarios municipais do Concello de Nigrán depositaron esta mañá o material para facer as dúas fogueiras na praia de Panxón (fundamentalmente restos de poda e broza) e durante o venres serán xa confeccionadas. En total, no termo municipal de Nigrán rexistráronse 33 solicitudes para facer fogueiras, 7 máis que o ano pasado.

Desde o Concello dispúxose todo para que a mañá do sábado a praia se atope en perfectas condicións. Así, a empresa concesionaria Cespa iniciará a limpeza acompañada dos 16 operarios municipais de Vías e Obras desde as 6.00 horas. Como outros anos, comezarán os traballos desde a punta de Panxón.

Por outra banda, o Concello adiantará este ano o desaloxo da praia de Panxón por mor das mareas vivas, que prevén alcanzar o máximo nivel ás 4:37 horas invadindo por completo o areal, polo que como mínimo dúas horas antes os asistentes non poderán estar na zona que comprende desde o porto pesqueiro ata o río Muíños.  Asi mesmo, o Concello pide  que non se deixe o lixo na praia e cada un sexa responsable de depositalo nos contedores que se habilitarán fronte as pistas deportivas de Gaifar, ao lado do hospital de campaña. “Aínda que o operativo especial de limpeza comezará antes do habitual, debido ás fortes mareas vivas terá escaso marxe de manobra e todo o que non de tempo a recoller podería acabar no mar, así que facemos un especial chamamento ao civismo e responsabilidade da xente”, incide o alcalde, Juan González

A totalidade do persoal da Policía Local de Nigrán participará no dispositivo de Seguridade dunha festa que se prevé especialmente multitudinaria ao coincidir en venres, a eles se sumarán os recén incorporados auxiliares de Policía Local e reforzos doutros municipios. A maiores, haberá 35 efectivos da Guardia Civil, 10 da Policía Autonómica (encargada, sobre todo, da posible venda de alcol a menores) e 25 de Protección Civil (xunto a unha ambulancia asistencial e outra medicalizada). Ademáis, axentes da Agrupación de Tráfico realizarán controis aos condutores e o Seprona atenderá a calquera posible dano ambiental, especialmente nas dunas.Todo este dispositivo foi analizado na Xunta Local de Seguridade celebrada no Concello de Nigrán a semana pasada e á que asistiu o alcalde de Nigrán, Juan González; a subdelegada de Goberno, Ana María Ortiz, e demáis representantes dos diferentes axentes implicados.

“Temos todo disposto e completamente coordinado para que a festa transcorra con normalidade, sen incidentes, e que polo tanto as fogueiras sexan as protagonistas”, resume o rexedor.

Como novidade, e seguindo o exemplo da festa da Arribada de Baiona, taxistas de Baiona e Nigrán acordaron poder recoller pasaxeiros en ambos municipios os días 23 e 24 de xuño.

 

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img