Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán adianta a convocatoria do concurso de carteis “Quin Alborés”-Nigranjazz

Nigrán adianta a convocatoria do concurso de carteis “Quin Alborés”-Nigranjazz

Nigrán adianta a convocatoria do concurso de carteis “Quin Alborés”-NigranjazzO Concello de Nigrán adianta a convocatoria do xa tradicional concurso de carteis “Quin Alborés”-Nigranjazz co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio e creatividade neste período de confinamento.

O certame, dotado con 500 euros á proposta gañadora, ten como propósito elixir a imaxe que represente a 14 edición do Nigranjazz, un festival onde música e deseño van da man. O prazo de presentación de propostas (que se poden enviar mediante correo electrónico) comeza este venres 27 de marzo e finaliza o martes o 12 de maio. As bases para participar poden consultarse na web do Concello www.nigran.es ou no Facebook Concello De Nigrán.

 

“Lanzamos este concurso pensando en todos os creativos e deseñadores gráficos que están nas súas casas confinados e, en moitos casos, incluso sen traballo. Desde o Concello seguimos adiante traballando cara o Nigranjazz 2020 que, se todo vai ben, será o 24 e 25 de xullo, se fose preciso modificar as datas non implicaría ningún cambio con respecto a este certame e a imaxe elixida”, indica o alcalde, Juan González.

 

O concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz.

 

Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) cunha calidade mínima de 350 ppp. Os traballos presentados deberán garantir o anonimato de acordo co previsto nas bases e poderán enviarse por correo electrónico ou por Rexistro ou Correos se as circunstancias derivadas do Covid-19 o permitisen e seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.

 

Este certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o festival desde o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies