Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán acolle o 25 de abril o festival internacional de cortos 'Nuestra...

Nigrán acolle o 25 de abril o festival internacional de cortos ‘Nuestra salud’

Nigrán acolle o 25 de abril o festival internacional de cortos 'Nuestra salud'O certame, convocado pola organización ‘Laboratorio Polimedicado’, conta coa colaboración do Centro de Saúde Val Miñor e o Concello de Nigrán

 

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acollerá o 25 de abril a entrega de premios da quinta edición do festival internacional de curtametraxes ‘Nuestra Salud’, coa participación de traballos de temática sanitaria procedentes de todo o mundo. No certame, convocado pola organización sen ánimo de lucro ‘Laboratorio Polimedicado’ (formada por profesionais sanitarios de toda España) en colaboración co Concello de Nigrán e o grupo ‘Oes, Ves’ do Centro de Saúde Val Miñor, haberá premios de 1.500 € (1º), 1.000 € (accésit), 500 € (público) e un especial de 300 € ‘Concello de Nigrán’ para o mellor de autoría miñorana. O prazo para participar permanece aberto ata o 31 de marzo, puidéndose consultar as bases en http://polimedicado.org/bases .

 

‘Oes, Ves’ está formado por profesionais dos centros de saúde do Val Miñor, grupo que se ten presentado desde a primeira edición a este certame internacional no que sempre participan traballos procedentes de toda Europa e Sudamérica. A entrega de premios do ano pasado foi en Vitoria e as anteriores en distintas cidades de Extremadura, sendo esta a primeira vez que se realiza en Galicia, neste caso en Nigrán.

 

“A médica miñorana Concha Nogueiras, do grupo ‘Oes,ves’, ofreceu ao Concello de Nigrán esta posibilidade de colaborar e non o dubidamos, é unha honra dar cobertura a este certame no que se divulgan boas prácticas entre a poboación, cuestión de máxima actualidade agora mesmo”, explica o alcalde, Juan González.

 

Este concurso de curtametraxes sobre saúde está aberto á participación de toda a poboación. O lema é “Nuestra Salud” e os traballos deberán versar sobre algunha/as das seguintes temáticas:

– A nosa Saúde. O tema principal desta edición céntrase na importancia da boa relación e coordinación de todos os recursos para alcanzar “Nuestra Salud” (comunidade, políticas sociais e sanitarias, farmacia, hospital, atención primaria….)

 

Desmedicalizando o cotián. Accións que se dirixen a reverter o proceso de medicalización da vida, entendida como aquel en o que eventos da vida cotiá son convertidos en problemas de saúde, e desde esa perspectiva son abordados e tratados por diferentes profesionais da saúde.

Toda a información ao respecto está en www.polimedicado.org

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies