Inicio Galicia Nava Castro salienta as oportunidades que brinda o turismo industrial para conservar...

Nava Castro salienta as oportunidades que brinda o turismo industrial para conservar o patrimonio histórico galego

Nava Castro salienta as oportunidades que brinda o turismo industrial para conservar o patrimonio histórico galegoAs xornadas son un dos proxectos de ‘O teu Xacobeo’, a convocatoria da Xunta para involucrar a todos os galegos na celebración do vindeiro Ano Santo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración do II Congreso de Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal onde salientou as numerosas oportunidades que brinda este tipo de turismo para conservar o patrimonio cultural de Galicia e impulsar socioeconomicamente o territorio.

Durante a súa intervención puxo de manifesto a fortaleza que Galicia ten en recursos deste tipo e a importancia de promover o patrimonio industrial como unha ferramenta fundamental na revitalización turística e económica dos lugares nos que se sitúa. Neste sentido, salientou os vínculos que estes recursos permiten establecer con destinos como o Norte de Portugal.

Recordou que os portugueses son o mercado estranxeiros que maior número de turistas achega a Galicia. Unhas cifras, dixo, que están a medrar a un ritmo dun 7% anual. Ademais, o Camiño Portugués e a súa variante costeira están tamén progresando en canto a peregrinos. Son o segundo e o terceiro itinerario máis percorridos e, xuntos, acumulan xa preto de 100.000 camiñantes no que vai de ano.

Promoción dos oficios
A directora de Turismo de Galicia valorou a capacidade do turismo industrial para desestacionalizar e puxo en valor esta actividade como un factor dinamizador do tecido produtivo na zona. Trátase, ademais, dun sector interesante tanto para o turista –que busca cada vez experiencias máis auténticas e vencelladas ao territorio, como para os propios veciños, que poden amosar a realización de oficios actuais ou do pasado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies